Ficha de colaboración A COMUNA
QUE É A COMUNA?
A Comuna é un centro social, un proxecto de transformación e creación de comunidade, un
espazo de encontro para a xente máis aló de lóxicas individualistas, homoxéneas e dirixidas.
Na Comuna entendemos que o cambio social constrúese dende abaixo, paseniño, dende a
proximidade, a autonomía e a solidariedade.
A Comuna é a cara B da historia, o fío dunha memoria de rebeldía e liberdade.


QUEN SOMOS?
Un grupo de persoas diversas en idade, ideas, inquedanzas, emocións... coa forte convicción da
necesidade de artellar outros xeitos de relación e construción de vida.
Somos xente con experiencia en distintas loitas, na defensa do que é noso, do que é de todo o
mundo!

QUE FAREMOS?
Queremos que a Comuna sexa un lugar de encontro e participación. Nela terán cabida todo tipo
de actividades e proxectos para a dinamización da comunidade.
• Obradoiros (linguas, música, cinema, saberes populares...)
• Memoria(s) do pobo
• Aprendizaxes (charlas, exposicións, meses temáticos...)
• Difusión de loitas populares da Galiza e internacionais.
• Venda de libros, revistas e materiais contrahexemónicos
• Concertos e festas populares
•Actividades conxuntas con outros centros sociais da cidade (CS Gomes Gaioso, Ateneo Libertario Xosé Tarrío, CSO A Insumisa).
• Cesión do espazo para asembleas e reunións doutros colectivos
• Cineclube
• Armario comunal
• Xantador popular
... e milleiros de soños máis!

QUE NECESITAMOS?
Precisamos a participación e a colaboración económica de todas aquelas persoas interesadas
en que este proxecto comece a vivir. Para poder alugar o local e facer fronte ós gastos dende a
autonomía, buscamos o apoio de xente afín á nosa filosofía. Este proxecto non ten ánimo de
lucro, pero soas non somos quen de acadar o mínimo para seguir camiñando.
A nosa idea é que as persoas que queiran ser socias colaboradoras aporten 50€ ó ano. Deste
xeito, asegurámonos ter unha base de xente apoiando que crean coma nós na importancia de
imaxinar espazos de creación colectiva.

Si es unha das persoas interesadas en ser socia colaboradora, cubre a seguinte ficha.
Este é o noso número de conta:
Caixa Rural Galega:
IBAN: ES38 3070 0044 5861 1016 7829

E para contactar connosco csacomuna@gmail.com

Nome e Apelidos *
Your answer
Correo electrónico
Your answer
Teléfono
Your answer
Lugar (cidade, vila, parroquia...) *
Your answer
Barrio
Your answer
Que che gustaría que se fixera en A COMUNA? *
Your answer
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Additional Terms