Observatorio das violencias machistas cotiás que afectan ás mulleres na maternidade e ás súas crianzas.
Desde MATERFEM, Maternidades Feministas Galegas, estamos levando a cabo un estudo sobre os tipos de violencias machistas que sufrimos as mulleres con crianzas na nosa vida cotiá.

Institucións públicas cheas de escaleiras, persoal sanitario que violenta os nosos partos, liñas de autobús que nos dificultan o acceso, imposibilidade de conciliar, vilas que non contan con espazos para a mocidade, Puntos de Encontro Familiar que vulneran dereitos das nais e crianzas, permisos de maternidade insuficientes, impago das pensións para @s fill@s... Queremos identificar todas as violencias que enfrontamos de forma cotiá co obxectivo de ELABORAR UN DIAGNÓSTICO QUE AMOSE POR PRIMEIRA VEZ DATOS CONCRETOS DE COMO A VIOLENCIA INDICE NAS NOSAS VIDAS a partir do cal realizar accións de visibilización e denuncia, e propostas para facer valer os nosos dereitos e contribuír a unha cidade máis humana e amigábel.

O Observatorio é un proxecto feito por mulleres nais para mulleres nais, sen organismos oficiais, ONGs, nin empresas detrás. Por iso PEDIMOS A TÚA COLABORACIÓN: precisamos escoitar de primeira man as experiencias e voces das mulleres nais que padecestes e/ou padecedes violencias machistas. O formulario é anónimo e garantimos a confidencialidade e privacidade dos datos. Cubrir o formulario levarache uns 10-20 minutos.

MATERFEM somos unha asociación formada por mulleres nais de crianzas de idade diversa, desde bebés até adult@s, que desde o 2018 reflexiona e actúa sobre a maternidade como feito social, económico e político (alén de íntimo) desde unha perspectiva feminista co obxectivo de promover o debate na cidadanía sobre o lugar que ocupan a maternidade e os coidados na sociedade patriarcal, individualista e capitalista na que vivimos.
Se queres saber máis entra en https://materfeministas.wixsite.com/materfem 
Podes contactar con nós a través do correo materfeministas@gmail.com

MOITAS GRAZAS!
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Protección e cesión dos teus datos *
Required
Indícanos o teu correo electrónico: *
(Uso exclusivo para contabilizar o número de persoas participantes, o teu correo nunca vai ser público nin usado para enviar notificacións).
Indícanos en que provincia vives *
Cal é a túa idade? *
Cant@s fill@s tes? *
Cal é o teu tipo de familia? *
Identifícaste con algunha destas situacións? *
Required
SE TE IDENTIFICACHES CON ALGUNHA DAS SITUACIÓNS ANTERIORES, pensas que iso condicionou e/ou incrementou a violencia machista que sufriches na maternidade?
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy