Observatorio das violencias machistas cotiás que afectan ás mulleres na maternidade e ás súas crianzas.
Desde MATERFEM, Maternidades Feministas en Compostela, estamos levando a cabo un estudo sobre os tipos de violencias machistas que sufrimos as mulleres con crianzas* na nosa vida cotiá.

Institucións públicas cheas de escaleiras, persoal sanitario que violenta os nosos partos, liñas de autobús que nos dificultan o acceso, imposibilidade de conciliar, vilas que non contan con espazos para a mocidade, Puntos de Encontro Familiar que vulneran dereitos das nais e crianzas, permisos de maternidade insuficientes, impago das pensións para @s fill@s... Queremos identificar todas as violencias que enfrontamos de forma cotiá co obxectivo de ELABORAR UN DIAGNÓSTICO QUE AMOSE POR PRIMEIRA VEZ DATOS CONCRETOS DE COMO A VIOLENCIA INDICE NAS NOSAS VIDAS a partir do cal realizar accións de visibilización e denuncia, e propostas para facer valer os nosos dereitos e contribuír a unha cidade máis humana e amigábel.

O Observatorio é un proxecto feito por mulleres nais para mulleres nais, sen organismos oficiais, ONGs, nin empresas detrás. Por iso PEDIMOS A TÚA COLABORACIÓN: precisamos escoitar de primeira man as experiencias e voces das mulleres nais que padecestes e/ou padecedes violencias machistas. O formulario é anónimo e garantimos a confidencialidade e privacidade dos datos. Cubrir o formulario levarache uns 10-20 minutos.

MATERFEM somos un colectivo formado por mulleres nais de crianzas de idade diversa, desde bebés até adult@s, que desde o 2018 reflexiona e actúa sobre a maternidade como feito social, económico e político (alén de íntimo) desde unha perspectiva feminista co obxectivo de promover o debate na cidadanía sobre o lugar que ocupan a maternidade e os coidados na sociedade patriarcal, individualista e capitalista na que vivimos.
Se queres saber máis entra en https://materfeministas.wixsite.com/materfem
Podes contactar con nós a través do correo materfeministas@gmail.com

MOITAS GRAZAS!
Protección e cesión dos teus datos *
Required
Indícanos o teu correo electrónico: *
(Uso exclusivo para contabilizar o número de persoas participantes, o teu correo nunca vai ser público nin usado para enviar notificacións).
Indícanos en que provincia vives *
Cal é a túa idade? *
Cant@s fill@s tes? *
Cal é o teu tipo de familia? *
Identifícaste con algunha destas situacións? *
Required
SE TE IDENTIFICACHES CON ALGUNHA DAS SITUACIÓNS ANTERIORES, pensas que iso condicionou e/ou incrementou a violencia machista que sufriches na maternidade?
Next
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy