ROTEIRO DE INTERPRETACIÓN AMBIENTAL DE SENDEIRISMO + KAYAK POLAS FRAGAS DO MANDEO ATA O PEDRIDO
SÁBADO 26 DE OUTUBRO

Saída ás 10:30 h do Cantón Claudino Pita, traslado en autobús ata Espenuca (Coirós). Roteiro de sendeirismo de interpretación ambiental ata o Campo dos Caneiros chegando sobre as 13:00 h. Os participantes que continuen nos kayaks xantarán, e logo descenderán polo río ata O Pedrido, chegada aprox. ás 18:00 h, e o resto dos participantes continuarán camiñando ata Betanzos para chegar sobre ás 14:00 h.
Inclúe dous guías especializados, 13 kayaks dobles, palas, chalecos salvavidas, seguros.
Idade mínima 14 anos para baixar nos kayaks.
As persoas que realizen o descenso en kayak deberán levar roupa e calzado axeitado que se poida mollar e tamén para cambiarse ao rematar a travesía.
Prazas: 26 para o descenso en kayaks e 50 en total.
Preferencia persoas empadroadas no Concello de Betanzos.
Inscricións na páxina web www.novas.betanzos.es, Oficina de Turismo e Departamento de Deportes ata o 24 de outubro
Nome e apelidos *
Your answer
DNI *
Your answer
Data de nacemento *
MM
/
DD
/
YYYY
Teléfono *
Your answer
Enderezo postal *
Your answer
Sinala como realizar a ruta *
AUTORIZO: Ao Concello de Betanzos a consultar no padrón municipal os meus datos de empadroamento. *
AUTORIZACIÓN PARA O USO DE IMAXE DO/A MENOR DE IDADE (Pai, nai ou titor/a) *
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE BETANZOS
De acordo co establecido pola normativa vixente en materia de protección de datos, informámolo/a de que o responsable de tratamento dos seus datos persoais é o Concello de Betanzos con enderezo no edificio Liceo, praza de Galicia n.º 1, 15300, Betanzos, A Coruña, correo@betanzos.net. 1. DPO. O delegado de protección de datos do Concello de Betanzos é Servizos de Adaptación Continua en Protección de Datos RB, S.L. co que poderá contactar encorreo@betanzos.net. 2. Finalidade do tratamento. Os datos serán utilizados para facelo/a partícipe da actividade promocionada descrita na presente solicitude, así como a xestión administrativa derivada desta. O feito de que non nos facilite parte da información solicitada poderá supoñer a imposibilidade de prestarlle o servizo que quere solicitarlle ao Concello de Betanzos. Prazo de conservación. Os datos facilitados conservaranse mentres non se solicite a supresión destes e durante o tempo necesario para darlle cumprimento ás obrigas administrativas. 3. Lexitimación. Este tratamento de datos persoais está lexitimado polo consentimento que nos outorga coa sinatura da presente circular. 4. Destinatarios/as das cesións. O Concello de Betanzos cederá os seus datos de carácter persoal ao persoal ou á empresa contratada para desenvolver a actividade, coa intención única de prestar o servizo. 5. Dereitos. Ten vostede dereito a acceder, rectificar ou suprimir os datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como opoñerse ou retirar o consentimento en calquera momento e solicitar a portabilidade destes. O Concello de Betanzos dispón de formularios específicos para facilitarlle o exercicio dos seus dereitos. Pode presentar a súa propia solicitude ou solicitar os nosos formularios, sempre acompañados dunha copia do seu DNI para acreditar a súa identidade.
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy