Formulario de Alta de Socio/a
Dámosche a benvida ao formulario de alta da ANPA As Brañas.

Con este formulario podes darte de alta de modo totalmente electrónico.

A cota anual son 15€ e cargaranse na conta indicada que será a mesma que se use para os recibos correspondentes ás actividades extraescolares nas que se apunte aos alumno/a. Deste modo simplifícase tanto o proceso de alta de socio/a (non é necesario enviar ningún xustificante de pago) e tamén o proceso de alta e baixa nas actividades extraescolares.

A renovación será automática cada curso, sendo posible solicitar a baixa na asociación en calquera momento a través do correspondente formulario.

Cada familia dispón de un carné para a nai ou titora legal e outro para o pai ou titor legal.

É moi importante que verifiquedes que a información dos emails introducidos é correcta xa que será alí onde recibades as comunicacións da ANPA.

Unha vez cuberto o formulario, recibirás confirmación por email. Se non a recibes é que o email que indicaches ao inicio do formulario é incorrecto ou que algo foi mal no proceso polo que deberás intentalo de novo.

Posteriormente recibiredes os vosos carnés de socio/a nos email que nos indiquedes.

Dada a situación actual, para evitar traballar con papel, unha vez recibida a confirmación por email gardádea en PDF e enviádenola asinada dixitalmente a anpaventin.xestion@gmail.com.

Para dúbidas escribide a anpaventin@gmail.com.
Email address *
Next
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy