Curso Europeana na túa aula

Xoves 2 de marzo, 17 a 19 h

Domus

Europeana é a biblioteca dixital europea. A súa misión é facilitar o uso do patrimonio cultural para a educación, a investigación, a creación e o lecer. O seu traballo contribúe a unha sociedade aberta, informada e creativa.

Este curso de formación proponche coñecer os recursos de Europeana, como son o seu sitio web, o blog Ensinar con Europeana , o uso das actividades dispoñibles no blog ou a creación das túas propias historias de implementación dunha actividade na túa aula. 

A proposta é a seguinte:

  • Participar na formación presencial de 2 horas.
  • Probar na túa aula unha das actividades que podes atopar na web Ensinar con Europeana (tarefa titorizada). 
  • Escribir unha historia de como funcionou na túa aula a actividade (tarefa titorizada). 
  • Ao realizar as diferentes partes da formación poderás obter o certificado europeo expedido por Europeana e European Schoolnet. E ademais poderás participar nun concurso europeo cuxo premio é unha viaxe a Bruxelas para asistir ao taller de fin de curso de Europeana. 
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Nome *
Apelidos *
Centro educativo *
Dirección centro educativo *
Asignaturas e cursos impartidos *
Lei orgánica de protección de datos *
En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), os Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña informa das seguintes consideracións: Os datos de carácter persoal achegados neste formulario serán incluídos nun ficheiro titularidade do Concello da Coruña, cuxa finalidade é xestionar as actividades levadas a cabo nos Museos Científicos Coruñeses, Servizo Municipal do Concello da Coruña. Os datos solicitados son imprescindibles para o correcto desenvolvemento da actividade, e serán eliminados así que finalice a mesma. Para a recompilación e tratamento dos datos achegados úsase a aplicación Google Formularios, que pode envialos temporalmente a servidores fóra do espazo da Unión Europea. Co envío do presente formulario, autoriza a cesión e o uso dos seus datos segundo os medios e para os fins indicados. Pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición entregando escrito de comunicación no rexistro do Concello da Coruña, Praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña. Dita comunicación deberá incluír nome e apelidos, petición concreta da solicitude, dirección a efectos de notificacións, data, firma e DNI ou pasaporte.  
Required
A copy of your responses will be emailed to the address you provided.
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
reCAPTCHA
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy