OBRADOIROS TEATRO GORRILLA x SÍNTESE VIGO
No contexto do Festival do Teatro Gorrilla x Síntese Vigo que se desenvolverá os días 26, 27 e 28 de setembro teremos a oportunidade de participar en obradoiros impartidos polas artistas que participarán o día 28 no programa de actuacións.

  • Xoves 26. Ás 12h na ESAD. Body Weather con Cris Vilariño. ----> 35€
  • Venres 27. Ás 17h na AAVV de Bouzas obradoiro con Ay, Cariño -----> 10€
  • Venres 27. Ás 18h na AAVV de Bouzas obradoiro con iXa -----> 10€
O Body Weather é un sistema de traballo creado en 1973 por Min Tanaka, mestre, coreógrafo e bailarín de danza butoh.  É unha práctica integral exhaustiva de adestramento e actuación que investiga as interseccións do corpo e a súa contorna. Os corpos non son concibidos como entidades fixas e separadas, sinó que estan, da mesma maneira que o tempo meteorologico, cambiando constantemente a través dun sistema infinito e  complexo de procesos que suceden dentro e fóra destes corpos. Estar á escóita con todo o corpo, cos poros da pel abertos, cos sentidos e con sensibilidade, significa prestar atención a nós mesmos, aos outros e á nosa contorna. 

Os obradoiros das compañías Ay, Cariño! e iXa serán un achegamento ás pezas dende o corpo, onde a través dunhas prácticas guiadas, coñeceremos o traballo dende outro lugar, onde ideas e conceptos que serviron de alimento na creación das pezas, que se mostrarán o sábado, serán compartidas por todas as persoas interesadas nos obradoiros. 


O método de pagamento será a través de transferencia bancaria, porémonos en contacto a través do mail para dar os datos bancarios e que podades formalizar a vosa inscripción.

Para calquera dúbida podes escribirnos a teatrogorrilla@gmail.com 
A cal ou cales dos obradoiros asistirás? (Podes indicar se irás a máis de un) *
Nome e Apelidos *
Email *
Para formalizar a túa inscripción
Enviaremosche un mail coa conta bancaria na que facer o ingreso e o concepto que debes escribir.
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy