O día 28 de setembro iniciamos a construción da segunda horta colaborativa de Nigrán para fomentar o cultivo colaborativo e a produción local de alimentos, a convivencia e o traballo conxunto. Será no parque mestre Vázquez Grela:
A primeira horta está ubicada no teito verde do aparcadoiro da Ramallosa (Parque Carlos Casares Mouriño), a horta ten 13 bancais inspirados na xeometría das colmeas de abellas. As primeiras actividades realizáronse o sábado 23 de abril do 2022 e continuamos todos os luns cultivando, plantando e coidando da nosa primeira leira.
Estes espazos son un punto de encontro no que aprender sobre restauración e recuperación de solos, cultivo ecolóxico, asociacións de cultivos, compostaxe e sostibilidade nos seus diversos ámbitos.
A cooperativa SomosTerra impartirá obradoiros cada luns ás 17:00 en Ramallosa e mércores ás 17:00 en Nigrán dirixidos ás persoas inscritas. Podes vir en familia, con amizades ou con ganas de coñecer a máis persoas que comparten as túas inquietudes.
Grazas polo teu tempo cubrindo este formulario.
Vémonos na horta!