Inscrición nas hortas colaborativas de Nigrán
O día 28 de setembro iniciamos a construción da segunda horta colaborativa de Nigrán para fomentar o cultivo colaborativo e a produción local de alimentos, a convivencia e o traballo conxunto. Será no parque mestre Vázquez Grela: https://goo.gl/maps/NXEmrYb8Rf1hy7d4A

A primeira horta está ubicada no teito verde do aparcadoiro da Ramallosa (Parque Carlos Casares Mouriño), a horta ten 13 bancais inspirados na xeometría das colmeas de abellas. As primeiras actividades realizáronse o sábado 23 de abril do 2022 e continuamos todos os luns cultivando, plantando e coidando da nosa primeira leira.

Estes espazos son un punto de encontro no que aprender sobre restauración e recuperación de solos, cultivo ecolóxico, asociacións de cultivos, compostaxe e sostibilidade nos seus diversos ámbitos.


A cooperativa SomosTerra impartirá obradoiros cada luns ás 17:00 en Ramallosa e mércores ás 17:00 en Nigrán dirixidos ás persoas inscritas. Podes vir en familia, con amizades ou con ganas de coñecer a máis persoas que comparten as túas inquietudes.

Grazas polo teu tempo cubrindo este formulario.

Vémonos na horta!


Sign in to Google to save your progress. Learn more
Nome *
Contacto (teléfono ou correo electrónico) *
Rango de idade
Clear selection
Municipio de residencia *
Como coñeciches a iniciativa?
Acudirás con máis persoas á horta?
Clear selection
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy