Esta xornada realizase no marco da escola de apoderamento EspadELA, un proxecto da Cooperativa Arabías que xorde para crear espazos de traballo colectivo onde pensar e construír xuntas.
A Arzúa chegarán as Xornadas "Feminismos, coidados e ruralidades" e a inauguración dunha exposición fotográfica onde participan tres veciñas coidadoras de Arzúa.
As xornadas terán lugar o venres 1 de decembro ás 16:30 na Capela da Madalena e están dirixidas prioritariamente a mulleres coidadoras formais ou informais, mentres que a inauguración da exposición fotográfica, que terá lugar o mesmo día ás 19:00, estará aberta a toda cidadanía.
A axenda do evento é a seguinte:
16:30 a 17:00 Presentación de EspadELA por parte das socias traballadoras de Arabías e representantes do Concello de Arzúa.
17:00 a 18:00 Obradoiro de (auto)coidados dinamizado por Noelia Darriba e Naiara González.
18:00 a 19:00 Conversa a dúas voces sobre coidados con dereitos.
· Asociación Mobilidade Humana
· Laura Bugallo sindicalista da CIG.
Será necesaria a inscrición previa para o obradoiro e conversa.
Para inscribirte responde ás preguntas que aparecen a continuación e ao final dalle a enviar.