Aparcadoiro disuasorio na rúa Alegre
Esta enquisa pretende recoller a vosa opinión sobre uns aspectos pendentes na conclusión do proxecto do aparcamento, que como ben sabes, dista moito da proposta inicial...pero co ánimo de construir, queremos trasladar ao Concello a nosa opinión sobre estes aspectos:
- A organización do tráfico na contorna da entrada e saída (coa modificación do proxecto inicial eliminouse a entrada por rúa Alegre).
- A forma de organizar o seu uso por parte dos vehículos.
Queda pendente:
- Chequear a iluminación, por se non é a máis axeitada para as vivendas que o circundan.
- Aumentar e mellorar a presenza de elementos vexetais.
- Mobiliario: papeleiras, aparca bicis etc...