Sen títuloPROTECCIÓN DE DATOS
En cumprimento do Regulamento
(UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de
2016, manifestan a súa conformidade a que os datos de carácter persoal
facilitados neste formulario sexan tratados polos Grupos de Acción Local
do Sector Pesqueiro e coordinado polo GALP Costa Sostible
(CIF-G70196225), Edif. Multiusos-Rúa Espírito Santo, 4 15200 Noia, A
Coruña. Correo-e: galp.mar.costasostible@xunta.gal, coa finalidade de
xestionar e organizar a Campaña na que solicita participar.
Así
mesmo, a utilización do contido gravado e da súa imaxe faise ao amparo
do disposto na Lei Orgánica 1/1982, do 5 de maio, de Protección Civil do
Dereito á Honra, á Intimidade Persoal e Familiar e á Propia Imaxe. A
autorización que aquí se concede sobre este material aos GALP, terá un
uso vinculado ao Proxecto Pesca Saúde e, a mesma , non está sometida a
ningún prazo temporal nin está restrinxida ao ámbito nacional de ningún
país.
Lexitimación: Consentimento da persoa interesada.
Dereitos: A
persoa interesada pode, en todo momento, exercitar o seu dereito para
revogar o seu consentimento para o tratamento dos seus datos, así como
solicitar o acceso, rectificación ou supresión, limitación ou a súa
portabilidade, remitindo unha comunicación por escrito ao GALP Costa
Sostible. Así mesmo, a persoa interesada tamén poderá presentar unha
reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), C/
Jorge Juan, 6. 28001 – Madrid, se non obtén satisfacción no exercicio
dos devanditos dereitos.