JavaScript isn't enabled in your browser, so this file can't be opened. Enable and reload.
A variación lingüística
As variedades lingüísticas do galego
A variación dialectal da lingua galega
Sign in to Google
to save your progress.
Learn more
* Indicates required question
Nome, apelidos, curso e grupo:
*
Your answer
1. As linguas non son uniformes e homoxéneas. Nelas podemos distinguir...
1 point
Variedades históricas, xeográficas, sociais e rexistros
Variedades diacrónicas, diatópicas, diastráticas e contextuais
As dúas son correctas
Clear selection
2. A variación lingüística que está condicionada polo paso do tempo denomínase...
1 point
Variación diastrática
Variación diacrónica
Variación diatópica
Clear selection
3. As variedades lingüísticas que dependen da zona xeográfica do falante son...
1 point
As variedades diastráticas ou sociais
As variedades contextuais ou rexistros
As variedades diatópicas ou dialectais
Clear selection
4. As variedades lingüísticas que dependen das características sociais do falante chámanse...
1 point
Variedades diastráticas
Variedades diatópicas
Variedades contextuais
Clear selection
5. As variedades lingüísticas condicionadas polo contexto do acto comunicativo denomínanse...
1 point
Rexistros
Dialectos
Modos
Clear selection
6. No galego é posible distinguir tres variedades diacrónicas ou históricas, que son...
1 point
Substrato, estrato e superestrato
Galego medieval, galego medio e galego contemporáneo
Galego antigo, galego medio e galego moderno
Clear selection
7. Factores sociais coma o nivel de estudos, a posición socioeconómica ou a idade determinan a existencia de diferentes...
1 point
Variedades factoriais
Variedades diastráticas
Variedades diatópicas
Clear selection
8. A pronuncia descoidada, a sintaxe simple, palabras coma "cousa", "chisme"... son características propias...
1 point
Dun nivel vulgar ou baixo
Da variedade occidental
Dun rexistro coloquial ou informal
Clear selection
9. A pronuncia coidada, a sintaxe complexa e a precisión léxica son trazos propios...
1 point
Dun rexistro formal
Da variedade oriental
Dun nivel medio
Clear selection
10. Dialectalmente, o galego divídese en...
1 point
Tres bloques: occidental, central e oriental
Cinco áreas: bergantiñá, fisterrá, pontevedresa, mindoniense e lucu-auriense
As dúas son correctas
Clear selection
11. Cal é o plural dos substantivos 'talismán', 'aspiración' e 'boletín' no bloque central?
1 point
Talismáns, aspiracións e boletíns
Talismás, aspiraciós, boletís
Talismáns, aspiraciós, boletíns
Clear selection
12. Cal é o plural dos substantivos 'can', 'aclaración' e 'xardín' no bloque oriental?
1 point
Cans, aclaraciois, xardís
Cais, aclaraciois, xardís
Cas, aclaraciós, xardís
Clear selection
13. Territorialmente, o bloque occidental abarca...
1 point
A zona máis ao norte das provincias da Coruña e Pontevedra
A zona máis ao oeste das provincias da Coruña e Pontevedra
A zona máis ao leste das provincias da Coruña e Pontevedra
Clear selection
14. No galego do bloque occidental...
1 point
Rexístrase a terminación -ÁN para o masculino e o feminino: o irmán, a irmán
Rexístrase a terminación -ÁN para o masculino e -Á para o feminino: o irmán, a irmá
Rexístrase a terminación -AO para o masculino e -Á para o feminino: o irmao, a irmá
Clear selection
15. As palabras 'lus', 'pas', 'altavos' e 'emperatrís' ('luz', 'paz', 'altavoz' e 'emperatriz') presentan...
1 point
Seseo explosivo
Seseo implosivo
Seseo colectivo
Clear selection
16. Que tres áreas constitúen o bloque occidental?
1 point
Área coruñesa, compostelá e pontevedresa
Área bergantiñá, fisterrá e pontevedresa
Área mindoniense, lucu-auriense e asturiana
Clear selection
17. Que fenómenos dialectais encontramos nesta oración: "Véxoche mui ghuapo hoxe!"
1 point
Gheada, ditongo -ui e teísmo
Gheada, teísmo e seseo
Gheada, ditongo -ui e cheísmo
Clear selection
18. En que área do bloque occidental poderiamos escoitar dicir con naturalidade: "Véxoche mui ghuapo hoxe!"
1 point
Na área bergantiñá
Na área fisterrá
Na área pontevedresa
Clear selection
19. Territorialmente, o bloque central abrangue...
1 point
As zonas máis ao leste de Lugo e Ourense
As zonas máis ao leste da Coruña e Pontevedra e a maior parte das provincias de Lugo e Ourense
O norte da Coruña e de Lugo e a zona máis oriental de Pontevedra
Clear selection
20. No galego do bloque central...
1 point
Hai gheada en todo o bloque
Hai gheada, pero non en todo o bloque
Non hai gheada en todo o bloque
Clear selection
21. No galego do bloque central...
1 point
Rexístrase a terminación -ÁN para o masculino e o feminino: o irmán, a irmán
Rexístrase a terminación -ÁN para o masculino e -Á para o feminino: o irmán, a irmá
Rexístrase a terminación -AO para o masculino e -Á para o feminino: o irmao, a irmá
Clear selection
22. Cales son as dúas áreas máis relevantes do galego central?
1 point
A área bergantiñá e a área lucu-auriense
A área lucu-auriense e a área mindoniense
A área asturiana e a área zamorana
Clear selection
23. En que área podemos escoitar os pronomes 'nosoutros' e 'vosoutros'
1 point
Na área pontevedresa
Na área lucu-auriense
Na área mindoniense
Clear selection
24. En que zona poderiamos escoitar os pronomes 'il' e 'tu'
1 point
Na área pontevedresa
Na área lucu-auriense
Na área mindoniense
Clear selection
25. En que área do bloque central poderiamos escoitar esta oración: "Iste rapaz é o meu amigo"
1 point
Na área lucu-auriense
Na área mindoniense
Na área asturiana
Clear selection
26. En que área do bloque central poderiamos escoitar esta oración: "Vin un golpe entre os cimos"
1 point
Na área mindoniense
Na área lucu-auriense
Na área ancaresa
Clear selection
27. Que territorios ocupa o galego oriental?
1 point
A maior parte de Lugo e Ourense e parte de Asturias e Castela e León
O leste de Lugo e Ourense e as zonas de Asturias e Castela e León onde se fala galego
O sur de Ourense e as zonas de Asturias e Castela e León onde se fala galego
Clear selection
28. En que zonas se divide o bloque oriental?
1 point
Asturiana, ancaresa, zamorana e oriental-central
Asturiana, ancaresa e leonesa
Asturiana, zamorana e oriental-central
Clear selection
29. Cales dos seguintes fenómenos son xerais no bloque oriental?
1 point
O ditongo -UA (cuatro, guardar...)
A terminación -ÍN (camín, pequenín, rapacín...)
O plural en -IS dos nomes rematados en -n (pantalois, camiois...)
Todas son correctas
Clear selection
30. Cal das seguintes oracións poderiamos escoitar no bloque oriental?
1 point
Ti tes catro anos, aínda es mui pequeniño
Tu tes catro anos, aínda es moi pequeniño
Tu tes cuatro anos, aínda es mui pequenín
Clear selection
Submit
Page 1 of 1
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. -
Terms of Service
-
Privacy Policy
Does this form look suspicious?
Report
Forms