ACTIVIDADES PARA ADULTOS "REBUMBIO"
BODY BALANCE E ZUMBA.

Body Balance é un programa de exercicios que combina ioga, estiramento, pilates e taichi para adestrar de forma suave pero eficaz, relaxarse e equilibrar o corpo e a mente.
Zumba é unha disciplina deportiva que se imparte en clases dirixidas nas que se realizan exercicios aeróbicos ao ritmo da música latina.
As actividades ofertadas polo Centro Xuvenil Abeiro, desenvólvense nas instalacións do CPR plurilingüe Salesiano San Xoán Bosco, pertencente á Obra Salesiana , polo cal réxense polo calendario escolar. As horas de actividade que coincidan cos días festivos, non serán recuperables.
Notas de Calendario
• OUTUBRO: 1 e 2 Comezo de actividades. 31 NON HAI CLASE
• NOVEMBRO: 1 Non hai clase
• DECEMBRO: Do 23 ó 31, vacacións de Nadal, non hai clase.
• XANEIRO: Do 1 ó 7, vacacións de Nadal, non hai clase. 8 Comezo de clases.
• FEBREIRO: 24,25 e 26 Entroido, non hai clase.
• ABRIL: Do 6 ó 13 de abril, vacacións Semana Santa, non hai clase. Comezo 14 abril
• MAIO: 1 Día do traballo. Non hai clase.
• XUÑO: 30 REMATE DE CLASES.
• Poderá cancelarse una clase por necesidades da Obra.

HORARIOS
• Zumba: Martes e xoves de 19.30 a 20.30 (patio de EI do Colexio Salesianos. Entrada polo portón do colexio).
• Body Balance: Luns e mercores de 19.30 a 20.30 (Sala de Psico de EI do Colexio Salesianos. Entrada polo portón do colexio).

PREZOS
• ZUMBA 20€ MENSUAIS
• BODY BALANCE 20€ MENSUAIS
• ZUMBA + BODY BALANCE 35€ MENSUAIS

MODALIDADES DE PAGO
• O pago das actividades realizase mediante cotas mensuais ou trimestrais, que se pasan ó pincipio de cada mes, mediante recibo domiciliado, dende Outubro a Xuño.
• Os pagos poderán ser de carácter mensual o trimestral. No caso dos pagos trimestrais, estes abarcarán os seguintes períodos;de outubro a decembro; de xaneiro a Marzo e de abril a xuño, fóra destes prazos o recibo cargárase mensualmente.

ALTAS E BAIXAS
• As altas na actividade só poderán formalizarse, sempre que houbera prazas, nos primeiros 5 días de cada mes, do 1 ó 5 de cada mes. Fóra deste prazo, calquera alta conleva o pago íntegro da cota do mes.
• As altas deberán formalizarse cubrindo a correspondente inscrición, a cal conleva a aceptación das normas de funcionamento
• As baixas deberán formalizarse antes do comezo do mes seguinte. Isto é, antes do día 30 de cada mes.
• Unha vez pasado o recibo do mes, a baixa na actividade non conleva a devolución da cota, con independencia de poder ou non asistir a actividade.
• A baixa solicitase expresamente no Centro Xuvenil Abeiro, NON mediante comunicación ao Monitor/a, nin tampoco pola falta continuada de asistencia.

INSCRICIÓNS E NORMAS
• Aberto prazo de inscrición dende O LUNS 9 DE SETEMBRO. Poderán facerse de forma presencial ou por correo.
• As inscricións son por ano escolar, polo que deberán formalizarse cada curso, e dicir, non valen as inscricións realizadas con anterioridade.
• É obrigatorio traer botella de auga e toalla ou pano pequeno.
• Os/as alumnos/as están obrigados ó coidado das instalacións, mobiliarios e material. No caso de destrozos dos mesmos, serán responsábeis do pago da súa reposición.
• A persoa responsable das actividades é a coordinadora do Centro Xuvenil Abeiro (Isabel Balsa). Podemos acudir a ela para consultar calquera aspecto relacionado coa actividade.

DESPACHO (centro xuvenil,Rúa Don Bosco 1, baixo)
Horario setembro: Luns a venres de 13.00 a 14.30
Horario a partires 1 de outubro : Luns a venres de 16.30 a 18.30
ATENCIÓN TELEFÓNICA (693846023)
Mail: cxabeiro@cxabeiro.org Web: www. cxabeiro.org




Email address *
NOME E APELIDOS *
Your answer
DATA DE NACEMENTO *
MM
/
DD
/
YYYY
DIRECCIÓN
Your answer
TELÉFONOS *
Your answer
PATOLOXÍAS
Your answer
ACTIVIDADES NAS QUE PARTICIPO
SI
NON
ZUMBA
BODY BALANCE
Next
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service