Campionato Brilé

Para participar hai que estar dacordo co regulamento e non cumplilo significará estar fóra da competición.

Sign in to Google to save your progress. Learn more
REGULAMENTO DO XOGO.
1. Respectar ao rival, ás compañeir@s e as/os organizadoras/es.
2. Os equipos estarán no seu campo e terán que lanzar por detrás da línea central.
3. Non se poderá invadir o campo dos contrarios.
4. Cando un balón golpee de forma directa o corpo dun contrario, será eliminado/a. Non vale na cabeza, sempre que non se agachara. 
5. Cando un balón é collido no aire o lanzador/a será eliminado/a. 
6.  Cando un balón golpee de forma directa a máis dunha persoa a última en ser golpeada será a eliminada. Se golpea alguén e un xogadora/a a colle antes de caer ao chan, elimínase á persoa que lanzou el balón. 
7. O xogador/a eliminado/a pasará á zona de brilados, ubicada detrás da línea de fondo do equipo contrario e terá unha oportunidade de retornar ao campo, se no primeiro lanzamento que faga elimina a alguén doutro equipo. Para terceiro ciclo tamén se poderán empregar as líneas de banda do campo de brilados. 
8. Se o equipo ten que realizar as funcións de organizadores/as do evento, terán que estar todas as funcións cubertas: 1 anotador/a, 2 árbitros/as e un cronometrador/a. Todos/as os/as compoñentes do equipo terán que realizar esas funcións de forma rotatoria. 
9. O encontro finalizará cando se eliminen todos os xogadores dun equipo ou ao rematar o tempo máximo: 10 minutos (gañará o encontro o equipo con máis xogadores no campo, no caso de que teñan o mesmo número considerarase empate). 
10. Puntuacións:
  • Gañar o encontro: 3 puntos.
  • Empatar o encontro: 2 puntos. 
  • Perder o encontro: 1 punto. 
  • Non presentarse: 0 puntos.
  • Xogo limpo de todo o equipo: 3 puntos. O xogo limpo valorarase amosando respecto a:
              - Compañeiras/os.
              - Adversarios/as.
              - Árbitros/as e as súas decisións.
11. Sancións:
  • Invasión do campo: no caso de que golpee a alguén, non o/a elimina.
  • Patada ao balón: expulsión do partido.  
  • Non acatar as decisións arbitrais: expulsión do partido.
  • Manifestacións violentas (agresións verbais ou físicas a calquera membro do encontro): expulsión do partido ou da competición, en función da gravidade. 





ENTENDEMOS AS NORMAS DO XOGO. *
Required
COMPROMISO DE XOGO LIMPO. *
Nome do equipo *
Curso e ciclo *
Required
Componentes (8 a 10 xogador@s). Mínimo 4 compoñentes de cada sexo. *
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy