CONCURSO TALENTO NOVO 2026
IMAXINARIA - FESTIVAL INTERNACIONAL DE ANIMACIÓN AFUNDACIÓN 2026

A quen vai dirixidoa estudantes (maiores de 18 anos) que estean a cursar estudos no ámbito artístico, audiovisual ou da animación. E a Graduados/as nestas mesmas disciplinas no ano 2025. O Centro onde cursen ou cursasen estudos debe estar localizado en Galicia.

Finalidade: poñer o foco e dar a coñecer ás novas xeracións de animadores e animadoras que se están a formar na actualidade a través da súa inclusión directa na programación do festival; así como fomentar e resaltar a importancia na formación específica neste sector e a súa profesionalización.

Pezas a concurso: presentación dun fragmento animado, en formato tráiler, que sirva como promoción e celebración da nova edición do festival, destacando os seus valores de compromiso social e sustentabilidade, así como o carácter imaxinativo do propio festival. Os proxectos poden ser realizados de forma individual ou en equipo, cun máximo de 5 estudantes por equipo.


CONDICIÓNS XERAIS


1.Data de celebración

  • O festival de animación IMAXINARIA celebrarase do 11 ao 15 de Marzo de 2026 na Sede Afundación A Coruña. A sesión de exhibición de trailers e a entrega dos premios será en formato presencial na semana do festival (día/hora por determinar).

2.Condicións do tráiler a concurso

  • A duración será entre 10 e 25 segundos.
  • Obrigatorio introducir unha pantalla con fondo negro que preceda á peza audiovisual. Esta pantalla terá unha duración de tres segundos e deberá incluír o logotipo do festival no centro. Na parte inferior, tamén centrado, deberá aparecer o título da peza e o nome dos participantes en letra Arial, maiúscula e branca. Ademais, deberá figurar o texto: “Realizado por:” seguido do nome dos participantes.
  • Técnica libre: 3D, 2D, Stop Motion, etc.
  • Obrigatorio o uso das tipografías orixinais do festival. O nome do festival e as datas (adxuntado na carpeta material Imaxinaria) e os logotipos oficiais.
  • No trailer empregarase a BSO de 2025, que se achega como recurso na carpeta de materiais. A BSO pode editarse libremente e utilizar o fragmento da canción que mellor se axeite ao proxecto presentado; non é necesario que sexa o mesmo fragmento empregado no trailer oficial do festival.
  • Permítese a integración dos fxs que os participantes consideren.

3.Inscrición

  • Completar o formulario.
  • As curtametraxes seleccionadas deberán ser enviadas antes do 25 de febreiro de 2026 a imaxinaria@afundacion.org a través dun enlace de Wetransfer ou Dropbox.
  • Formato: MP4 H264 24FPS
  • Tamaño: 1920x1080
  • O video final non poderá exceder dos 300 megas.

4.Premios

  • Outorgarase un premio económico de 600 euros ao gañador ou gañadora, xunto cun trofeo, o unicornio de porcelana de IMAXINARIA.
  • Outorgaránse tamén dous accésits de 200 euros cada un e diploma.
  • O xurado será designado pola organización do festival.
  • A peza ou pezas gañadoras serán subidas á web e RRSS do festival.

5.Entrega de premios

6.Dereitos e obrigas

  • A decisión do Xurado Oficial designado para o concurso será inapelable.
  • A participación no concurso implica a cesión dos dereitos de difusión das imaxes enviadas dentro do ámbito do propio Festival, que quedarán arquivadas pola organización se se considera oportuno e de mutuo acordo cos propietarios da obra.
  • As pezas presentadas nunca se utilizarán como o tráiler oficial do festival, se non que é un concurso interno, aínda que si que se poderán publicar en redes sociais, tanto da organización como dos participantes, sempre deixando claro a súa natureza de concurso, xa que o festival terá o seu propio tráiler oficial.

Achégache con estas bases:

Email *
Título do proxecto *
Técnicas de animación que emprega *
Realizador/a ou realizadores/as do proxecto *
Centro de estudos ao que pertence *
Titulación, curso ou especialidade *
Estado da aprendizaxe *
RRSS do director/a ou proxecto (para etiquetar nas publicacións que se fagan)
Email de contacto *
Teléfono de contacto *
Confirmo que lin e acepto as bases que regulan esta convocatoria do concurso de Talento Novo do Festival Internacional de Animación IMAXINARIA. *
De conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril de 2016 (GDPR) e a Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro (LOPDGDD), informámoslle que os datos persoais e dirección de correo electrónico, que nos facilite mediante o presente formulario, serán tratados baixo a responsabilidade de La Fundación Galicia Obra Social, entidade promotora do Festival Internacional de Animación IMAXINARIA, por un interese lexítimo e para o envío de comunicacións sobre os nosos produtos e servizos e conservaranse mentres ningunha das partes se opoña. Os datos non serán comunicados a terceiros, salvo obrigación legal. Informámoslle que pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos e os de limitación e oposición ao seu tratamento dirixíndose por escrito a Comité de Privacidade: San Andrés 135-137, 2ª. 15003 da Coruña, ou remitir un correo electrónico a imaxinaria@afundacion.org. Se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente, poderá presentar unha reclamación ante a autoridade de control en www.agpd.es *
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. - Terms of Service - Privacy Policy

Does this form look suspicious? Report