Conforme ao artigo 6 do Regulamento 2016/679, a lexitimación do tratamento está baseada nunha obriga legal e no interese público. O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais ou os que legalmente sexan de obrigado cumprimento. Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Ames poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do tratamento dos datos (Concello de Ames). Tamén poderán exercitar os seus dereitos ante o Delegado de Protección de Datos do Concello no enderezo electrónico dpd@concellodeames.gal.