CONCURSO DE ESCAPARATES DORNEIROS
Si tes un comersio, e ten un anaco de escaparate que vas a decorar con motivos dorneiros entre o vindeiro 15 ao 24 de xullo, podes inscribirte enchendo os campos que fijuran máis abaixo. Pero antes demostra que sobreviviches ao EGB e incluso á ESO, e eres capás de leer as normas que rejularán este concurso:

PRIMEIRA: Poderán participar todos aqueles establecementos que colaboren coa festa e así o soliciten. A inscrición formalizarase neste formulario.

SEGUNDA: O tema a desenvolver será alegórico ó ambiente propio da Festa da Dorna, valorando ademais os seguintes aspectos:
• Calidade artísica, composición e iluminación das instalacións valorandose positivamente non só o espazo do escaparate senon tamén a decoración interior e exteriores do comercio.
• Mantemento dos elementos tradicionais da cultura mariñeira no entorno dos escaparates.
• Terase en conta o “escaparate virtual” naqueles comercios que dispoñan de páxina web, páxinas en redes sociais, e perfiles en dispositivos móbiles que rexistren motivos dorneiros e información sobre a festa durante as datas da festa.
• Permitiranse elementos dinámicos ou multimedia que axuden a transmitir a imaxe da festa (equipos de reproducción de imaxes, videos, ou música).

TERCEIRA: Os escaparates deberán estar preparados ás 18:00 h. do venres 15 de xullo. Momento a partir do cal poderá realizarse a visita do xurado. Os escaparates non poderán desmontarse antes do día 25 de xullo, co obxeto de que se poda comtemplar durante a Festa da Dorna.

CUARTA: Os comercios participantes deberán manter o escaparate con iluminación a poder ser ata as 22:00 h. dende o 15 ao 24 de xullo.

QUINTA: O incumprimento das condicións establecidas nas presentes bases por parte dos establecementos participantes, determinará a exclusión automática do concurso.

SEXTA: Premios: haberá 3 premios, para o primeiro, segundo e terceiro gañador, e un diploma acreditativo para todos os establecementos participantes.

SÉPTIMA: A R. e I. Cofradía da Dorna resérvase o dereito de propagar ou difundir a reproducción de imaxes dos escaparates.

OITAVA: O prazo para inscribirse remata o 14 de xullo.

NOME DO COMERCIO *
Your answer
DIRECCIÓN *
Rúa e Número para localizar mellor o sitio
Your answer
ACTIVIDADE/SECTOR *
Textil, Alimentación, Papelería, Xoiería, etc.
Your answer
NOME D@ PROPIETARI@/ENCARGAD@
Para indicarlle ao xurado por quén debe preguntar
Your answer
EMAIL DE CONTACTO *
Para recibir calquer información relativa a esta actividade
Your answer
TELÉFONO DE CONTACTO
Your answer
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Additional Terms