Estratexia DUSI de Carballo. Opina e constrúe o Carballo do futuro!
A túa opinión importa! Axuda a construír o Carballo do futuro! Como vedes Carballo dentro duns anos? Que ideas tendes para facer un Carballo sostible para todos? Animamos a todos os veciños e veciñas a que opinen para facer de Carballo un mellor lugar para vivir.

As vosas ideas contan para que o Concello de Carballo, a través da Estratexia de fondos europeos "DUSI (Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado) - Carballo sostible e para todos", avance para crear unha cidade limpa, sustentable e inclusiva na que todos os seus habitantes podan gozar dela co obxectivo de logralo posto en 2022. Para iso artellarase arredor de retos económicos, ambientais, climáticos, demográficos e sociais.

Entre outras medidas, buscarase o fomento do emprego, o acceso ás novas tecnoloxías, a mellora da eficiencia enerxética, a protección do medio ambiente e do patrimonio, a inclusión de colectivos menos favorecidos, etc.

Para poder realizar esas e outras actuacións, precisamos da opinión de todos os veciños e veciñas! Podedes cubrir a enquisa até o 27 de novembro. Axudade a construír o Carballo do futuro!

Next
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service