INFORMACIÓN BÁSICA DE PROTECCIÓN DE DATOS.
Conforme o establecido cumprimento do artigo 12 do Regulamento Europeo de Protección de Datos, relativo á transparencia da información, comunicación e modalidades de exercicio dos dereitos da persoa interesada e do artigo 13 relativo a información que deberá facilitarse cando os datos persoais se obteñan da interesada. O tratamento destes datos ten a súa base na xestión dos seminarios da Asociación Galega de Antropoloxía [CIF: G-15430820, Rúa Santo Domingo de Bonaval, s/n, 15703 Santiago de Compostela | agantro@gmail.com]. Dando este consentimento tamén acepta o envío de comunicacións vía correo electrónico e posteriores comunicacións referidas aos seminarios, así como o uso de imaxes obtidas nas actividades ás que se inscribe. Vostede terá dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para a finalidade para a cal foron recollidos. Poderá solicitar a limitación ou oposición do tratamento dos seus datos, neste caso só serán conservados para cumprir coas obrigas legalmente establecidas. Para o exercicio de seus dereitos debe enviar un correo electrónico a agantro@gmail.com indicando por escrito a súa petición e anexando unha fotocopia do seu DNI. Pode consultar as políticas de privacidade completas en agantro.org.