AVENTURA COAS FOCAS
>>O formulario estará aberto o luns 28 de outubro de 10:00 a 13:00 <<

IMPORTANTE. LER CON ATENCIÓN:
– Esta é unha actividade familiar de fin de semana dirixida a nenas e nenos maiores de 7 anos, que deberán asistir, como mínimo, cun adulto.

– Os menores deben ir acompañados en todo momento dun adulto, que tamén debe preinscribirse na actividade.

– É posible preinscribir a 3 persoas por solicitude.

– A actividade terá lugar ás 11:00 horas dos sábados e domingos seguintes:

Novembro de 2019: 2, 3, 9, 10, 23, 24, 30

(PODERÁ SOLICITAR ATA CATRO DATAS CONCRETAS)

– Para participar hai que solicitar praza enchendo este formulario en liña o luns 28 de outubro de 10:00 a 13:00. Despois de recibir a confirmación de contar con praza (a través do correo electrónico que nos proporciones) é necesario abonar o prezo de entrada ao Aquarium Finisterrae (gratis para titulares de Tarxeta 20 e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias) e acreditar a idade dos menores.

– Todos os datos achegados ao formulario deben ser certos, en caso contrario a solicitude quedará anulada.

– Só contactaremos por correo electrónico cos que obteñan praza, o resto de solicitudes pasará a formar parte da lista de espera.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy