PERCORRIDO ARTÍSTICO polo barrio de Bouzas TEATRO GORRILLA x SÍNTESE VIGO
No contexto do Festival do Teatro Gorrilla x Síntese Vigo que se desenvolverá os días 26, 27 e 28 de setembro teremos a oportunidade de participar nun percorrido de 1 hora polo barrio de Bouzas da man de Elsa Pereira.
  • Sábado 28h ás 12h no Paseo dos Peixes, Bouzas con Elsa Pereira. ----> 25€ 

Trátase dunha experiencia sensitiva e sonora inspirada nas derivas situacionistas, que nos convidan a pensar por que, en  determinado lugar, dobramos á dereita ou á esquerda ou de xeito intuitivo nos detemos aquí ou alí.  No transcurso da deriva, as persoas participantes atoparán sorpresas, murmurios, imaxes e sensacións que, conectan co íntimo e o poético do territorio 

Elsa Pereira é, ademais de traballadora do Museo, bailarina e investigadora na disciplina "Body weather" e ten realizado traballos "site specific" corpo-paisaxe no espazo urbano, sempre co obxectivo de botar unha ollada consciente sobre o territorio que nos rodea. Durante a súa formación en danza e creación contemporánea, realizou un traballo inspirado nos camiños de luz que existen na obra de Álvaro Siza dentro da Facultade de arquitectura do Porto e promove Derivas en silencio na procura dos camiños do desexo que, debido ás continuas transformacións que sofre a cidade ao longo do ano, é preciso deliñar sobre o territorio para poder seguir habitando e transitando o lugar que escollemos para vivir.

O método de pagamento será a través de transferencia bancaria, porémonos en contacto a través do mail para dar os datos bancarios e que podades formalizar a vosa inscripción.

Para calquera dúbida podes escribirnos a teatrogorrilla@gmail.com 
Nome e Apelidos *
Email *
Para formalizar a túa inscripción
Enviaremosche un mail coa conta bancaria na que facer o ingreso e o concepto que debes escribir.
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy