Inscrición Tempo da Psicoloxía 2026

A oitava edición de Tempo da Psicoloxía en liña desenvolverase o día 25 de febreiro, que leva por título «Unha ollada sobre pobreza e saúde mental», a través dunha palestra e unha conferencia organizadas conxuntamente entre a Facultade de Psicoloxía e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Como é habitual, estará aberto a todo o público interesado, con carácter gratuíto, e poderá seguirse de xeito presencial no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía así como en liña, vía streaming a través da web https://tempodapsicoloxia.gal.

A palestra principal que reflexionará sobre o impacto da pobreza no estado da saúde mental, será o día 25 de febreiro e comezará ás 18.00 horas.

A primeira mesa "Saúde mental e pobreza: unha viaxe de ida e volta" contará coa participación de:

    • Ricardo Fandiño Pascual, vogal da Xunta de Goberno do COPG e coordinador xeral de ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional da Infancia e da Adolescencia)
    • Alexandre Teixeira, membro da Ordem dos Psicólogos Portugueses e coordinador do Centro do Porto da Associación CAIS, para persoas en situación de risco ou exclusión social.

Para rematar, levarase a cabo a mesa redonda onde participarán:

  • Aarón Argudo Palacios (G-6026), subdirector de ALUME.
  • Beatriz Gómez Gómez, traballadora social no SERGAS.
  • Ana Pardo Fernández, presidenta da sección Galicia da Rede Europea contra a pobreza e a exclusión social (EAPN), traballadora social.
  • Adrián Varela, técnico de atención integral de saúde mental da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES Galicia).

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Nome *
Apelidos *
Enderezo de correo electrónico *
Estás colexiada/o no COPG?
Clear selection
Profesión ou actividade principal, no seu caso.
Autorizas a incorporación do teu correo electrónico á nosa base de datos para recibir información relacionada con Tempo da Psicoloxía e outras actividades organizadas polo COPG? *
Información sobre a Protección de Datos Persoais: 

En cumprimento do Regulamento Europeo de Protección de Datos informámoslle que tratamos a información que vostede nos facilita e cumprimos coa normativa vixente en materia de protección de datos. O responsable do tratamento é Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, con  CIF Q1500265B, con domicilio en Rúa Espiñeira, 10, baixo, Santiago de Compostela, provincia da Coruña, con número de teléfono 981534049. A finalidade principal é manter as relacións que nos vinculan, en especial cumprimento das obrigas ás que vén sometida a organización debido á Lei de Colexios Profesionais e demais normativa vinculante, é dicir, exercicio competencias públicas, así como o consentimento, e o interese lexítimo tanto propio como da entidade.

Vostede ten dereito a obter confirmación sobre se estamos a tratar os seus datos persoais, por tanto ten dereito a acceder aos seus datos persoais, rectificar os datos inexactos ou solicitar a súa supresión cando os datos xa non sexan necesarios en calquera momento. En determinadas circunstancias, poderá solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso unicamente conservarémolos para o exercicio ou a defensa de reclamacións, tamén poderá, por motivos relacionados coa súa situación particular opoñerse ao tratamento dos seus datos. O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións, mediante escrito, acompañado de copia de documento oficial que lle identifique dirixido a copgalicia@copgalicia.gal  ou dirixíndose ás nosas dependencias. Unha vez cumprimentados os fins para os cales foron obtidos os datos, os mesmos serán destruídos conforme á normativa vixente. Informámoslle que a nosa Delegada de Protección de Datos é dona Cecilia Barros Díaz, con contacto no número de teléfono 981894601 e correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal.

Pode consultar a información adicional e detallada sobre a nosa política de privacidade no taboleiro da entidade ou na páxina web www.copgalicia.gal  


*
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. - Terms of Service - Privacy Policy

Does this form look suspicious? Report