Manifesto diante da eliminación da Secretaría Xeral de Igualdade do organigrama do Goberno da Xunta de Galiza

Diante da eliminación da Secretaría Xeral de Igualdade do organigrama do goberno da Xunta,  as organizacións feministas galegas queremos manifestar: 

A pesar das mostras de fortaleza do feminismo galego nos últimos tempos e do clamor social  pola necesidade de políticas decididas cara á superación das discriminacións que  historicamente se cometeron coas mulleres, non se albiscan por parte do goberno da Xunta  políticas encamiñadas a este fin. 

Desde as últimas décadas do século XX, as institucións e organizacións sociais fixéronse eco  das demandas do feminismo , entre outras cousas, creando organismos encargados da  aplicación de medidas conducentes á igualdade de xénero. É así como se formalizan as vocalías  ou secretarías das mulleres nas organizacións sindicais, asociacións e patidos, as áreas de  igualdade nos concellos, etc. Nesta liña, en 2005 o goberno galego de BNG e PSOE crea a  Secretaría Xeral de Igualdade. Pois ben, ao igual que aconteceu co resto de políticas e  actuacións que botaron a andar neste tempo, o Partido Popular fai desaparecer agora un  organismo de goberno que no lugar que debería ocupar, dependente da Presidencia, tería que  deseñar o conxunto de políticas a aplicar desde os diferentes departamentos do goberno  galego. Trátase do último paso dado, até agora, após a desaparición do Sistema Galego de  Igualdade, ou o vaciamento de recursos dos centros Quérote, dos CIM, dos pisos de acollida ...  A ideoloxía retrógrada en materia de igualdade do PP manifestouse tamén ás claras co torpedeo constante do dereito ao aborto, coas subvencións e institucionalización da Red  Madre, co desvío das intervencións de interrupción do embarazo a clínicas privadas… en  definitiva, impedindo o exercicio deste dereito sen estigmatizar ás mulleres que abortan.  

Eliminar a Secretaría Xeral de Igualdade é un paso máis na progresión de políticas retrógradas  cos dereitos das mulleres por parte do Partido Popular. É a demostración de que a igualdade perde peso nas políticas do goberno galego, rebaixando a súa importancia desde a Secretaría  até a Dirección Xeral. Por outro lado, que implica que a a violencia de xénero e a igualdade se  desvinculen en dous departmentos diferentes, a Dirección Xeral contra a Violencia de Xénero e  a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade? Acaso a violencia e a desigualdade non son dúas  caras da mesma moeda? Cabe pór en práctica medidas efectivas contra a violencia que non  ataquen as desigualdades? Non é a igualdade o verdadeiro antídoto para combater a  violencia? Tampouco nos parece baladí que se poña un home á fronte da Dirección Xeral contra a violencia. 

Por todo o dito, exiximos ao goberno galego que dea ás políticas de igualdade o peso que lles  corresponde, coa restitución da Secreatría Xeral de Igualdade, facéndoa depender non dunha  Consellaría senón da Presidencia, pois para combater a violencia contra as mulleres e avanzar  na igualdade débese actuar desde todas as frontes e non só desde os servizos sociais.  

Queremos que saiba este goberno que a sociedade galega do século XXI non vai consentir máis  minusvaloración e discrimicación das mulleres, que as mulleres non imos consentir que se nos  neguen dereitos que tanto costou conquistar.

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Colectivo que adhire ao manifesto
*
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy