Formulario para reclamar desbroces lindeiros ao Concello da Baña
As modificacións que aprobou a Xunta de Galicia o pasado 28 de decembro da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, establecen de prazo para que se faga a xestión da biomasa ata o 31 de maio, a partir desa data o Concello ou Consellería se detecta o incumprimento debe remitir ao propietario ou propietaria unha notificación cun prazo de 15 días para executala. A partir de aquí o Concello podería proceder á execución subsidiaria de forma que os custos da limpeza imputaranse ao interesado, en caso de que o importe supere o valor catastral da parcela poderá iniciarse un procedemento de expropiación forzosa.

Sabemos que moitas parcelas particulares do Concello da Baña están sen limpar debidamente polo que resultan un perigo iniminente na aparición e propagación de incendios, polo que queremos informar ao Concello destes casos para que a administración local asuma a súa responsabilidade e esixa o cumprimento da lei.

Se coñece algunha parcela que incumpre a normativa e supón un perigo, por favor cubra o seguinte cuestionario.
Todos os datos serán confidenciais e non se farán públicos.
Compromiso por Galicia informará por vostede ao Concello da Baña para que teña en conta esa reclamación.
NON É NECESARIO ESCRIBIR O SEU NOME.

Os lumes apáganse todo o ano, non só no verán!!

En que parroquia se sitúa a parcela? *
Describa brevemente o lugar onde se atopa *
Your answer
Sabe a referencia catastral da mesma? Se é así escríbaa.
Your answer
Quere darnos o seu nome e un contacto? Para poñernos en contacto con vostede por se precisamos máis datos da parcela e para informalo do procedemento.
Your answer
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service