Obradoiro de autoarquivo (OAW2017)
Co gallo da Semana do Acceso Aberto 2017 (OAW2017), a Biblioteca Universitaria organiza un “Obradoiro de autoarquivo en Minerva”.

O autoarquivo é o medio que ten o persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela para incorporar os documentos da súa autoría en Minerva, o Repositorio Institucional da USC. O depósito en Minerva permite mellorar a difusión e a visibilidade da súa produción científica e o cumprimento dos mandatos de acceso aberto dos organismos de financiamento.

O obxectivo do obradoiro é aprender e practicar a comprobación de políticas editoriais en relación ao autoarquivo e a descrición e envío de documentos a Minerva.

Dado o seu carácter práctico, as persoas inscritas deberán traer as versións post-print do/a autor/a e o post-print editorial dalgún artigo xa publicado, en soporte dixital (http://sp.bugalicia.org/san/subjects/guide.php?subject=daaa#box-179). Cómpre que cada participante traia o seu ordenador portátil.

Persoas destinatarias: PDI da USC

Lugares de celebración: Sala Access Grid, Edificio Cactus, Campus Vida. Santiago de Compostela
Sala Videoconferencia. Edificio Cactus. Campus de Lugo.

Data e hora de celebración: 24 de outubro, de 11:00 a 13:30 h.

Número de prazas: 20 máximo.

A inscrición na actividade pódese realizar no seguinte formulario https://goo.gl/forms/DDzwMXIOQbFObmIw2

O prazo de inscrición remata o 20 de outubro de 2017 e as prazas concederanse por rigurosa orde de solicitude.

Entregarase un certificado de participacion.

Se ten calquera dúbida, comentario ou suxestión, escriba un correo electrónico ao seguinte enderezo: minerva@usc.es

Nome e Apelidos
Your answer
Correo electrónico
Your answer
Departamento
Your answer
Campus
Required
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Additional Terms