#PUNCTUM· Beliscos de BD na arte contemporánea galega | Visitas guiadas

#Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega é unha exposición que pon sobre a mesa dúas realidades que resultan irrefutables: que a banda deseñada é arte e que as artistas galegas de BD son posuidoras dunha potencia visual e un discurso artístico de primeira orde.

Maru Astray, Julia Lago, Bea Lema, Uxía Larrosa, Xulia Pisón e Pepa Prieto Puy, artistas da BD e o fanzine galego amosan no espazo expositivo o seu talento en propostas ricas e heteroxéneas que abordan temas, códigos e desafíos estéticos ben actuais.

Todas creadoras millenials que elaboran as súas narrativas desde a plena conciencia do artístico en traballos que toman o fanzine como ferramenta expresiva primixenia. É na auto edición gráfica onde experimentan sen complexos xerando esquemas expresivos e estéticos audaces e persoais, que formalmente van dende as propostas máis conceptuais ata códigos estéticos universais.

Para descubrilas ábrense grupos de visitas guiadas que serán conducidas por Paula González Castro, estudante do Mestrado en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte da USC.

Todas elas son de carácter gratuíto previa reserva de praza. Escolle día e hora do teu interese neste formulario e recibirás confirmación da túa reserva cando se completen os grupos.


INFORMACIÓN PRÁCTICA

  • Dirixidas a centros de ensino e público en xeral
  • Visita de balde
  • Duración aproximada: 45 minutos
  • Imprescindible inscrición previa no formulario: os grupos péchanse ás 24 h do día anterior a cada visita
  • Núm. mínimo de persoas por grupo: 5
  • Núm máximo recomendable por grupo: 25
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Nome  *
Apelidos *
Nome do centro (só para visitas de centros de ensino)
Teléfono *
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy