Inscrición Formación Covid-19 Aloxamentos Rurais
Formulario de inscrición para as ACCIÓNS FORMATIVAS ONLINE sobre Medidas hixiénico-sanitarias para establecementos de aloxamento rural de Galicia inscritos no REAT promovida por FEGATUR en colaboración con asociacións profesionais de turismo rural e financiada pola AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA (XUNTA DE GALICIA).
Están previstas 4 NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS ONLINE a escoller durante o mes de Xullo.
Pódense inscribir persoas a título individual ou establecementos co seu persoal, sendo imprescindible contar cun correo electrónico, onde se remitirá con antelación un enlace da plataforma Zoom e un breve manual de conexión:
a) No caso de persoa individual non fai falla cubrir os datos do establecement.
b) Por cada establecemento de turismo rural pódense inscribir varias persoas traballadoras..
A realización desta formación por parte dos establecementos dá dereito a que os/as xerentes poidan participar na SEGUNDA FASE da formación: IMPLANTACIÓN das medidas hixiénico-sanitarias nos establecementos.
Aquelas persoas que queiran obter un CERTIFICADO OFICIAL desta formación terán que someterse a un proceso de autoavaliación online realizado polo Centro Superior de Hostelería de Galicia. En tal caso terán que autorizar a cesión de datos deste formulario á Xunta de Galicia.
Para calquera dúbida sobre o proceso de formación tendes á vosa disposición o whatsapp 631 179 252 ou o correo info@galiciaturismorural.viajes
Email address *
Aviso legal (obrigatorio para poder inscribirse) *
A persoa solicitante autoriza / non autoriza (risque o que non proceda) a cesión á Xunta de Galicia, dos datos contidos neste formulario de matrícula para a tramitación do proceso de autoavaliación de coñecementos e emisión do certificado correspondente. *
Captionless Image
Next
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy