Inscrición actividades extraescolares - CEIP Isidro Parga Pondal - 2022/2023
Coma os pasados anos desexamos organizar unhas actividades extraescolares que respondan as necesidades das familias á vez que temos en conta os intereses do alumnado. É por isto que a oferta que se presenta sempre se fai pensando en ambos axentes, fieis a educación integral, valorando a diversidade e tratando de adaptarnos a evolución da sociedade.

Polo ben de todos solicítase aos usuarios/as deste servizo que fagan unha previsión das actividades que desexan para os seus fillos/as de maneira que así exista unha maior cantidade de grupos e podamos manter toda a oferta de actividades xa que repercutirá no ben de todas as nenas/os.


Dirección das actividades extraescolares: CEIP Isidro Parga Pondal, Rúa do Saber, Oleiros (A Coruña).
Ponte en contacto con nós no: (34) 681002182 ou escribe a actividades@anpabidueiro.es


CONDICIÓNS XERAIS E REQUISITOS DE ADMISIÓN

Inscricións online a partir do 17/06/2022.

O prazo estará aberto mentres non se agoten as prazas dispoñibles (inscricións posteriores ao día 9 de setembro serán para comezar no mes de outubro).

A data de inicio das actividades extraescolares é o 12/09/2021 (O inicio das actividades extraescolares para o alumnado de 4º de Educación Infantil será cando remate o periodo de adaptación, o 19/09/2021).

Dirixido a todo o alumnado das etapas de Educación Infantil e Primaria. Tratarase de agrupar os educandos por idades o máis próximas posibles.


Prezos por actividade:
- 4 actividades: Socios (50€) Non socios (70€)
- 3 actividades: Socios (40€) Non socios (60€)
- 2 actividades: Socios (30€) Non socios (45€)
- 1 actividade:   Socios (19€)    Non socios (25€)

* 10% desconto 2º irmán e seguintes
* Na primeira cuota cobraránse 9€ dedicados ao seguro anual (obrigatorio).


*No caso de que non dispoñamos das instalacións do centro ou non teñamos o número mínimo de alumnado por grupo (8), é posible que non se realice a actividade. En calquera dos casos contactaremos coas familias para informar antes do inicio das clases ordinarias.


Insistirase na responsabilidade dos pais á hora de traer aos fillos/as. Neste sentido As Mariñas confía en que as familias cumpran coa súa obriga, en caso de que algunha familia incorra en algunha  irresponsabilidade, As Mariñas non se pode facer responsable, xa que pola nosa parte executaremos todas as medidas indicadas polas autoridades competentes.

De igual xeito, a ANPA do CEIP Isidro Parga Pondal e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, non terán ningún tipo de responsabilidades, xa que non son organizadores destas actividades, a ANPA só fará de enlace entre As Mariñas e as familias asociadas, e a Xunta só deixa as súas instalacións, deste xeito o nivel da súa implicación nestas actividades é só de colaboración.

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Nome do/a alumno/a *
Apelidos do/a alumno/a *
Curso escolar *
Idade do/a alumno/a
¿É socio/a da ANPA? *
ACTIVIDADES OFERTADAS
Elixe as actividades que mellor se adaptan ás necesidades da túa filla/o (no caso de non querer actividade nalgún espacio de tempo deixar sen marcar). Recorda que debes respetar os cursos aos que está dirixida cada actividade ao igual que a etapa. Educación Infantil (EI) e Educación Primaria (EP).
Luns e mércores: 16:00 - 17:00
Luns e mércores: 17:00 - 18:00
Martes e xoves: 16:00 - 17:00
Martes e xoves: 17:00 - 18:00
Venres: 16:00 - 17:00
Nome do pai/nai ou titor/a *
Apelidos do pai/nai ou titor/a *
Correo electrónico da pai/nai ou titor/a *
Confirmación do correo electrónico (repíteo) *
Número de teléfono do/a nai/pai ou titor/a *
Outro número de teléfono de contacto *
Autorización de recollida 1(NOME E APELIDOS DA PERSOA AUTORIZADA + DNI) *
Autorización de recollida 2(NOME E APELIDOS DA PERSOA AUTORIZADA + DNI)
Autorización de recollida 3(NOME E APELIDOS DA PERSOA AUTORIZADA + DNI)
Autorización de recollida 4(NOME E APELIDOS DA PERSOA AUTORIZADA + DNI)
Autorización de recollida 5(NOME E APELIDOS DA PERSOA AUTORIZADA + DNI)
¿É ou vai ser usuario de comedor? *
Contestando a esta pregunta facilitas a recollida do alumnado ao comezo das actividades.
No caso de querer aportar información para comprender mellor á alumna/o, os procesos relacionais, diversidade funcional, etc.
 Realice as indicacións que considere oportunas para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe.
Datos médicos. Indique os aspectos, alerxias, protocolos ou calquera consideración que deba coñecer o monitorado sempre que sexa necesario.
Como pai/nai/titor-a da/o alumna/o que queda inscrita/o nas actividades extraescolares realizadas pola Asociación Deportiva As Mariñas, autorizo ás decisións médico-quirúrxicas que no caso de urxencia fose preciso adoptar baixo a dirección facultativa pertinente. Esta autorización é extensiva a todas as actividades programadas: sendeirismo, xogos... Son coñecedor/a tamén de que si o meu fillo ou a miña filla causa algún destrozo terei que asumir os gastos pertinentes, e de que se comete faltas graves será enviado/a á casa sen devolución dos cartos. *
Como pai/nai/titor/a da alumna/o que queda inscrita/o nas actividades extraescolares do CEIP Isidro Parga Pondal organizado pola Asociación Deportiva As Mariñas, autorizo a facer uso do material fotográfico e audiovisual das actividades que se leven a cabo durante neste período. As imaxes poderán ser usadas para uso interno en memorias e proxectos da Asociación Deportiva As Mariñas, difundir esta actividade na páxina web (www.anpabidueiro.es) e redes sociais da entidade. A Asociación Deportiva As Mariñas comprométese a que a utilización destas imaxes respectará a normativa en materia de protección de datos, imaxe e protección xurídica da/o menor. *
Se queres efectuar todos os pagos mediante recibo bancario especifica o número de conta, DNI, nome e apelidos do titular. Deste modo, autorizas o cobro, dende o comezo das actividades ata novo aviso, á Anpa Bidueiro do CEIP Isidro Parga Pondal, na Rúa do Saber, s/n Santa Cruz, Oleiros 15179, A Coruña con CIF G-15244205.
O importe calcularáse en función das actividades escollidas no momento da preinscripción e os descontos por ser socio da ANPA e ao número de irmáns.
Asino e envío a inscripción na data *
MM
/
DD
/
YYYY
Para cumprir coa nova Lei de Protección de datos e que os teus datos estean a salvo, debes ler e aceptar a Política de privacidade reflectida na seguinte ligazón http://asmariñasadc.com/politica-de-privacidade/ *
Required
En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e os seus regulamentos de desenvolvemento, a Agrupación Cultural As Mariñas, informalle que aos datos de carácter persoal proporcionados, quedarán incorporados os nosos ficheiros para o seu tratamento automatizado, coa finalidade de prestar os nosos servizos. Os datos recollidos son almacenados baixo a confidencialidade e as medidas de seguridade legalmente establecidas. Poderá exercer os dereitos de acceso, cancelación, oposición e rectificación, a través do enderezo de correo electrónico agrupacionasmarinhas@gmail.com, persoalmente nas nosas oficinas ou mediante comunicación escrita acompañada da copia do seu documento nacional de identidade dirixida a Agrupación Cultural As Mariñas, calle Luís López Casanegra nº5 Bajo izq, 15009 ( A Coruña)
A copy of your responses will be emailed to the address you provided.
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
reCAPTCHA
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy