Obradoiro de cine - VI Premios Fouciño

Chega o obradoiro de cine dos VI Premios Fouciño de Baio.

O obxectivo será elaborar unha curtametraxe que conte a historia de Baio a través dos seus comercios locais, entendéndoos como espazos de memoria. Tomando como punto de partida algúns dos establecementos máis lonxevos da vila, así coma outros máis recentes, descubriremos as súas historias para entender como esa evolución reflicte tamén os cambios vividos en Baio.

Deste xeito, cada comercio converterase no fío conductor para comprender a historia colectiva da vila, construíndo un retrato documental onde as vivencias persoais e a memoria local se entrelazan para explicar a identidade de Baio.

O obradoiro será impartido en DÚAS SESIÓNS, o martes 1 e mércores 2 de setembro.

En horarios de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h.

A primeira sesión será para a gravación das entrevistas e a segunda para a creación do guión e a edición do vídeo.

  • Aforo: 15 persoas
  • Idades: de 10 a 16 anos
  • Localización: CSC de Baio
  • Inscrición neste formulario ou chamando/enviando mensaxe ao 646391245

Será impartido por Uxía e Illa, da Cooperativa A Furna, de Laxe. https://afurnacoop.com/

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Nome e apelidos *
Idade *
Número de teléfono *
Nome da persoa adulta responsable *
Tes algunha dúbida? Algo que debamos saber? Podes comentalo aquí.
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. - Terms of Service - Privacy Policy

Does this form look suspicious? Report