O desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía constitúe un dos principais factores do progreso humano. Pero a ciencia e a tecnoloxía teñen tamén o seu lado escuro: existe unha ciencia e unha tecnoloxía orientadas a vixiar e manipular mellor, a acumular o maior capital posible, a torturar e matar con maior eficacia. Para avaliar a confianza que temos na ciencia e a tecnoloxía como factores de progreso, o Instituto de Gadgets Tecnolóxicos do IES Lamas de Abade presenta o seu Índice de Confianza na Ciencia e a Tecnoloxía. Conteste, por favor, todas as preguntas expostas o máis honestamente posible. Unha única resposta para cada pregunta.
Estámoslle sinceramente agradecidos pola súa colaboración. Terminada a nosa investigación, os datos serán publicados na páxina web do IIGT: iigtieslamasdeabade. com