II XORNADA GALICIA DESTINO ACTIVO 19
MARTES 24 DE SETEMBRO NO GAIÁS, CIDADE DA CULTURA 10:30H

Co obxectivo de continuar o posicionamento da marca Galicia como destino de turismo activo, o Clúster de Turismo de Galicia, convoca ás empresas que xa forman parte da marca para coñecer o resultado das accións desenvolvidas no ano 2018 e as que se van a executar no presente exercicio.

Así tamén, convida a empresas turísticas a elaborar 3 novos produtos.

Nesta edición, elaboraranse 3 actividades diferentes na mesma xornada:

1. PRESENTACIÓN GDA 2019 - 10:30h
Dirixida a todas aquelas empresas que xa forman parte do proxecto e a aquelas que están interesadas en crear novos produtos ligados a Galicia Destino Activo.

2. WORKSHOP GDA 2019 - 11:00h
So participarán aquelas empresas que busquen crear novos produtos ligados ao Turismo Activo. Este ano crearanse 3 novos produtos que deberán ser colaborados por empresas turísticas como:

- Empresas de turismo activo (imprescindible que haxa unha empresa de turismo activo por cada produto e que as actividades de turismo activo se desenvolvan por empresas de turismo activo)
- Aloxamentos
- Axencias de viaxes (imprescindible unha axencia de viaxes ligada a cada produto)
- Servizos de restauración
- Guías turísticos
- Outros servizos complementarios como museos, centros de interpretación ou portos deportivos.

3. MESAS DE TRABALLO GDA 2019 - 12:00h
Nesta actividade so participarán os grupos de traballo que se teñan creado no workshop.
Daranse as pautas de creación de produto segundo os estándares da marca GDA.
Destas mesas de traballo xurdiran os 3 novos produtos de Galicia Destino Activo.

FIN DA XORNADA - 14:00h

Agardámoste na Cidade da Cultura o martes 24 de setembro ás 10:30h

*Para a participación nas mesas de traballo será interesante que cada empresa traia o material de traballo que considere: ordenador, folletos, catálogos, mapas...
Next
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service