PARTICIPA en Morrazo Metropolitano
Redactamos estas enquisas co obxectivo de que os veciños dos concellos de Cangas e Moaña nos botedes unha man para construír o DAFO compartido dos nosos concellos. Un DAFO é un documento de análise para coñecer as Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades dunha área territorial.

As túas respostas axudarannos a avaliar se o estudo técnico xa feito coincide coa vosa opinión como veciños/habitantes. Cruzando as vosas opinións coas da equipa que está a traballar na redacción (técnicos e políticos) poderemos chegar a un DAFO compartido por todos que sexa de axuda á hora de defini-las prioridades da estratexia EDUSI.

A enquisa é anónima, só imos solicitarche algúns datos sobre o teu perfil para logo poder facer recontos estatísticos de datos. Sabemos que é un pouco longa pero confiamos en que queirades agasallarnos cuns minutos xa que son moitos os temas sobre os que incide unha Estratexia de Desenvolvemento Urbano.

Ao longo dos vindeiros días poranse en marcha diferentes mesas e actos onde coñecer e debatir a estratexia, poderás consultar toda a información a través da nosa páxina web www.morrazometropolitano.com.

Next
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google.