Ruta de Castañoso, domingo 26 de marzo
Dificultade: Media - Alta
Duración: 3-4 horas
Lonxitude: 6,5 km.
Horario: Saída ás 11.00 h.
Comida: Cada quen leva a súa.
Seguros: De accidentes, rescate e responsabilidade civil.
Recomendase calzado de monte e bastóns.
Prezo: 10 €, 5€ para persoas socias ou desempregadas. Para crianzas preguntar.
Data límite para anotarse: mércores 22/03/2017. Prazas limitadas.
Punto de encontro para inicio da ruta: https://goo.gl/maps/6Z14tdymiFs
Itinerario: Castañoso - Castro e Sauna - Capela de Santiago - Muíño de Penallo - Castañoso
Percorrido:

Comenza en Castañoso e baixa por un camiño pasando polo Cortín de Monteagudo e os de López e Villar, continuando a baixada ate o Castro de Castañoso.

Media volta ate coller o carreiro da esquerda polo monte até a antiga Capela de Santiago situada nun souto de máis de 400 anos con varias corripas (sequeiros de ourizos de castañas).

Continuamos a baixada cara ao río onde atoparemos unha ponte ao pé dunha seimeira e o Muíño do Penallo, co seu pozo e banzado. Logo comezaremos a subida cara a Castañoso.


Queres acompañarnos?
Next
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Additional Terms