Benvidas e benvidos ao formulario de inscrición do IV Encontro de Axentes de Igualdade
A Deputación da Coruña promove unha nova edición deste espazo de encontro dirixido ao persoal técnico municipal implicado no deseño, desenvolvemento e avaliación das políticas de igualdade.
Baixo o lema “Cara unha Rede de Concellos pola Igualdade e a Diversidade na Provincia da Coruña”, este encontro busca ser un lugar para o diálogo, a aprendizaxe compartida e a construción colectiva. Unha oportunidade para coñecérmonos, intercambiar experiencias e avanzar, de maneira participativa, no deseño dunha rede provincial que fortaleza as políticas de igualdade e a loita contra as violencias machistas e LGBTfóbicas.
O encontro terá lugar o mércores 13 de maio, de 9:30 a 14:30, no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia, en Santiago de Compostela.
A través deste formulario poderás formalizar a túa inscrición. Agradecemos que revises e completes a información con atención. Vémonos o día 13!