UN ENCONTRO CON GUILLERMO WEICKERT EN DIÁLOGO CO TALLER DE PÚBLICO(S)
En continuidade coa práctica “Mirar e mirarse” abrimos un segundo espazo de encontro con Guillermo Weickert partindo do desenvolvemento e a construción dramatúrxica de Parece nada para compartir estratexias de escritura e estrutura. Un encontro para compartir o código fonte do traballo e abrir o diálogo aos participantes sobre as súas propias. Un espazo no que xerar debate sobre as posibilidades creativas da dramaturxia do movemento.
> sábado 30 de abril de 11 a 13 horas na Sala Xan Eirís do Teatro Rosalía de Castro.
> a actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida a todas as persoas que se sintan chamadas pola proposta.
> en diálogo con Taller de Público(s)
> inscricións abertas dende o 20 de abril