Viaxe ao centro do Aquarium
O prazo para preinscribirse nesta actividade para participar nas seguintes edicións estará aberto o luns 20 de marzo a partir das de 10:00.

INSTRUCIÓNS PARA CUBRIR O FORMULARIO.

IMPORTANTE. LER CON ATENCIÓN:
Esta actividade é unha visita guiada pola zona técnica do Aquarium Finisterrae, que inclúe instalacións como o laboratorio, a cociña, as salas de filtración ou as salas de corentena, cunha duración aproximada de 90 minutos. Hai dispoñibles 15 prazas por día.

– Está dirixida só a persoas MAIORES DE 14 ANOS.

– É posible preinscribir a 4 persoas por solicitude.

– Terá lugar ás 12:00 horas dos días seguintes:
ABRIL: 1 e 2 de abril de 2017.
MAIO: 13 e 14 de maio de 2017.
XUÑO: 24 e 25 de xuño de 2017.

– Para participar hai que encher este formulario online. Despois de recibir a confirmación de contar con praza (a través do correo electrónico que nos proporciones) é necesario abonar o prezo de entrada ao Aquarium Finisterrae (gratis para titulares de Tarxeta 20 e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias).

This form was created using Google Forms. Create your own