Preinscrición: "Coñece o Pazo Quiñones de León"
O programa Coñece Vigo é gratuíto. Está principalmente dirixido a asociacións, centros escolares e colectivos da cidade. No caso de que sexas un particular consulta dispoñibilidade no enderezo electrónico: conecevigo@xunta.gal ou no teléfono 886 119 164.

Unha vez completado este formulario, a organización porase en contacto coa persoa solicitante para informarlle do estado da súa petición. A inscrición farase efectiva no momento de recibir dita confirmación.

Os itinerarios de Coñece Vigo inclúen autobús tanto para a recollida como para o retorno desde a asociación ou centro ata o punto de encontro. Só se concertará un autobús por visita e só no caso de asociación ou colectivos que superen os 30 usuarios inscritos.

As persoas que non vaian en autobús deberán estar no punto de encontro 15 minutos antes do comezo da mesma.

O número máximo de participantes por visita é de 45 persoas.

Cancelacións: se a organización se ve na obriga de cancelar algunha visita por condicións climatolóxicas ou causa de forma maior, os inscritos serán puntualmente informados e, na medida do posible, buscarase outra data. No caso de que sexa o participante quen anule a visita, deberá informar á organización cunha semana de anticipación.

Visitas: Xoves 14 e 21 de novembro e todos os mércores (do 27 de novembro ao 18 de decembro).
Horario: 11:00 a 13:00 h
Punto de encontro: Entrada Museo Municipal Quiñones de León.
Next
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy