Catálogo de proxectos: Kit de activación audiovisual e dixital
Dende Coruña Dixital, programa da Concellaría de Culturas do Concello da Coruña, estamos a recoller iniciativas de acción social e cultural desenvolvidas en espazos de educación formal, non formal ou de transformación social para compartilas neste espazo web. Ademais das EXPERIENCIAS, o KIT inclúe unha guía metodolóxica con recomendacións para deseñar, financiar e desenvolver novos proxectos de acción dixital.

Esta web pretende ser un punto de encontro e guía profesional para poñer en común experiencias, retos e recursos cos que poder expandir novas prácticas culturais e activistas a través da creación e a innovación audiovisual e dixital, especialmente nas aulas de centros educativos e nos espazos socioculturais de proximidade, como bibliotecas, centros sociais, locais asociativos, museos, etc.

Visibilizar estas experiencias é unha maneira de poñelas en valor, compartir recursos e inspirar a outras persoas, así que grazas por contarnos o voso proxecto.

Comezamos? :)

Email address *
Next
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. - Terms of Service