Inscrición | 'Encontro sectorial Asesorías e Consultoras' | Programa de Intercooperación 2025
Encontro para ás cooperativas da sectorial de Asesorías e Consultoras da Unión de Cooperativas EspazoCoop,dentro do Programa de Intercooperación 2025, no marco do plan de actuación 2025 da Rede Eusumo, como actividades xerais de promoción da Economía social, tendo como finalidade a promoción de encontros de intercooperación entre cooperativas do mesmo ou similar sector de actividade.

Data e lugar do encontro: 16 de maio de 2025 - Formato Virtual ( ZOOM )
Horario: De 10:00 h a 12:30 h

PROGRAMA :             
  •    10:00 h - Benvida e presentación do Encontro e do Programa de  Intercooperación

  •    10:15 h -A nosa sectorial. Que hai de novo?

  •    10:30h - As cooperativas da sectorial. Benvida ás novas cooperativas.      

  •    10:45h - EspazoCoop. Programas , datas e recursos de interese.

  •    11:00h - Foro aberto. Comparte as novidades da túa cooperativa e achega as túas necesidades.     

  •    11:15h – Traballo en grupos :    Grupo  Consultorías: avance sobre ExpertCoop Consultorías / Grupo  Asesorías: espazo de intercambio e propostas

  •    12:00h -Conclusións e Despedida                    

Estes encontros, pretenden favorecer o coñecemento mutuo  entre as entidades participantes, tanto a nivel sectorial como intersectorial, fomentando o intercambio de ideas, necesidades, recursos a disposición, boas prácticas e medidas de interese xeral e informativas que permitan avanzar na intercooperación. Terán como obxectivo principal a posta en común de aspectos que permitan dar resposta ás dúbidas comúns, establecer mecanismos de colaboración en distintos ámbitos e difundir boas prácticas, ferramentas e recursos de interese, a innovación, ao tempo que se fai comunidade.

Os encontros desenvolveranse cunha metodoloxía activa e participativa, que combine a análise e reflexión estratéxica o intercambio de opinións e experiencias que sirvan para estimular e ordenar o diálogo nun plano de igualdade e enriquecemento mutuo.

---

Convoca e dinamiza: EspazoCoop Unión de Cooperativas Galegas.

Colabora: Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía Social.


Financia: Consellería de Emprego, Comercio e Emigración | Xunta de Galicia

Moitas grazas pola túa colaboración.


Sign in to Google to save your progress. Learn more
Nome e apelidos *
DNI *
Data de nacemento *
MM
/
DD
/
YYYY
Xénero *
Enderezo
Localidade
CP *
Provincia *
Teléfono *
Correo electrónico *
Nome da túa cooperativa *
Queres comentar en este encontro algún aspecto concreto que creas relevante para compartir coas demais cooperativas ? Temáticas ou cuestións  que poidan estar preocupándovos ou xerando dúbidas,  proxectos/actividades que queirades compartir e/ou dar a coñecer, necesidades formativas ou de outra índole que teñades, colaboracións que poidades estar buscando, etc....
 Indícao a continuación
*
A vosa entidade está participando en algún proceso de intercooperación , ou en relacións e/ou colaboracións con outras entidades de economía social ? Gustaríache presentalas e compartilas no encontro ? Comenta brevemente  *
AUTORIZACIÓN DO USO DA IMAXE *
Precisamos do teu consentimento para a realización de capturas de pantalla, fotos e ou vídeos que utilizaremos para a elaboración dos informes de xustificación, memorias de actividade e puntualmente difusión nas nosas redes sociais, respectando sempre a normativa vixente de Protección de Datos de Carácter Persoal, así como o establecido na Lei Orgánica 1/1982 sobre protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.ESPAZOCOOP, como Responsable de Tratamento, infórmache que a túa imaxe/gravación unicamente será tratada cos fins arriba indicados e será conservada o tempo legalmente establecido ou o necesario para cumprir coa citada finalidade. Podes exercer os teus dereitos escribíndonos un correo electrónico a info@espazo.coop. Para unha información máis polo miúdo podes consultar a nosa Política de privacidade en https://espazo.coop/es/contacto/aviso-legal/.Por favor, indícanos se podemos contar co teu consentimento:
INCOPORACIÓN DE DATOS DE CONTACTO Á BASE DE DATOS DE ESPAZOCOOP *
Precisamos do teu consentimento para a incorporación dos seus datos de contacto á base de datos de contactos da Unión Espazocoop para enviarlle información de interese vía correo electrónico ou teléfono das actividades de divulgación, dinamización e formación que programamos dende A Unión.Podes exercer os teus dereitos escribíndonos un correo electrónico a info@espazo.coop. Para unha información máis polo miúdo podes consultar a nosa Política de privacidade en https://espazo.coop/es/contacto/aviso-legal/.Por favor, indícanos se podemos contar co teu consentimento:
Required
Aviso Protección de datos *
De conformidade coa Lei 3/2018 (LOPD) informamos que os datos de carácter persoal contidos neste formulario serán tratados coa única finalidade de establecer un sistema de rexistro e custodia dos datos de cada participante dos proxectos financiados con fondos públicos aos que pertence esta actuación. A base xurídica deste tratamento é o consentimento expreso e inequívoco, polo que coa súa sinatura da o seu consentimento claro. Os seus datos conservaranse mentres dure o servizo e período de xustificación do programa. Poderá opoñerse en calquera momento a estes tratamentos, así como exercitar os dereitos de acceso, rectificación e cancelación dirixíndose, por escrito, xuntando unha fotocopia do seu DNI a ESPAZOCOOP, rúa do Hórreo, 104, baixo esquerda, CP15701, Santiago de Compostela. Os seus datos serán cedidos á  Consellería de Emprego, Comercio e Emigración  coa finalidade de xustificación das subvencións obtidas para a realización desta actividade e poderán ser cedidos ao Ministerio de Trabajo y Economía Social ou aos organismos competentes da Unión Europea coa finalidade de xustificación de fondos transferidos, se é o caso. Acepto as condicións recollidas neste documento e dou a miña conformidade e consentimento as mesmas. Así como a veracidade e exactitude dos datos aportado.
Required
Comentarios
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. - Terms of Service - Privacy Policy

Does this form look suspicious? Report