¡A Mariña Lab quere colaborar convosco!
Se a túa entidade comparte a visión de repensar o presente e deseñar un futuro posible para A Mariña, convidámoste a sumar esforzos e explorar sinerxías.
Buscamos aliadas estratéxicas de diferentes ámbitos:
✅ Entidades públicas do territorio, como administracións locais, organismos de desenvolvemento territorial ou axencias sectoriais, que queiran impulsar proxectos de innovación social e alimentaria para o desenvolvemento sostible da comarca.
✅ Entidades sociais sen ánimo de lucro, como asociacións, fundacións e colectivos do territorio que traballen no ámbito da sustentabilidade, a alimentación, a economía social, a educación ou o desenvolvemento comunitario, e que desexen colaborar para ampliar o impacto das súas accións.
✅ Empresas do territorio, especialmente aquelas que consideran fundamental repensar os modelos produtivos actuais e buscan estratexias para contribuír á rexeneración do territorio a través da innovación e a sostibilidade.
✅ Entidades e organizacións externas ao territorio, pero que traballan na rexeneración de territorios ou no alimento como ferramenta de transformación, e que poidan achegar coñecemento, experiencia e oportunidades de colaboración en A Mariña.
A Mariña Lab é un espazo de aprendizaxe, co-creación e acción que aposta polo talento, a intelixencia colectiva e o alimento como ferramenta de transformación. A través da investigación, a creatividade e a acción, buscamos construír unha comarca máis sostible, innovadora e próspera.
A Mariña_Lab é unha iniciativa promovida por PRATO_DO, axencia de innovación alimentaria, independente e sen ánimo de lucro, centrada en mellorar a calidade de vida mediante solucións creativas e sostibles apostando polo alimento como ferramenta de transformación. Coa colaboración da Área Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e coa alianza estratéxica ata o momento de:
Se a túa entidade quere sumar a esta rede e colaborar na transformación de A Mariña, completa o formulario e poñerémonos en contacto contigo!