Formulario do Censo Cultural de Vigo e Área Metropolitana
Neste ámbito territorial onde residimos, existe moita actividade cultural que descoñecemos máis alá do noso círculo. Bótase en falta coñecermos máis, poder asociarnos á hora de sacar adiante proxectos que por nos solos non imos poder afrontar, ou desfrutar doutras iniciativas que non sabíamos nin que existían.

Queremos construir un censo cultural que reflicta a realidade complexa e diversa da nosa contorna. Se te adicas á cultura é imprescindible a túa colaboración. Canta máis xente participe máis se axustará á realidade rica e heteroxénea de Vigo e a súa comarca. Entre todas podemos facelo!


Se tes algunha suxestión ou dúbida podes escribirnos a censoculturalvigo@gmail.com

Ten en conta que o censo actualizámolo de forma manual e voluntaria. A info que envíes tardará certo tempo en estar na súa páxina correspondente. Podes consultala igualmente na última páxina do censo "información pendente de agregar"

Podes consultar os datos xa recollidos aquí: https://docs.google.com/spreadsheets/d/1_l2c4kL_JaYWKbkl3kLW97T5aML5mIHr6LznweHjbkI/edit?usp=sharing
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy