CO(M)XÉNERO | Cibersexismo. Violencia e videoxogos
SEMINARIO PERMANENTE DE COMUNICACIÓN E XÉNERO
18 e 19 de novembro | Facultade de CC. da Comunicación (USC)
A persistencia do discurso androcéntrico nos contidos, a liña editorial e as estruturas organizacionais dos medios de comunicación actuais e das industrias creativas e culturais reflicten e perpetúan unha sociedade asimétrica e disfuncional que silencia e incapacita os posicionamentos diverxentes.

Pór fin a esta dinámica invalidante pasa pola necesaria construción de audiencias e colectividades formadas no pensamento crítico, capaces de analizar, deconstruír e mesmo comezar a reverter as representacións e estruturas sexistas presentes nos medios.

A terceira edición do CO(M)XÉNERO pon o foco na contorna dos videoxogos para observar as desigualdades e estereotipos de xénero existentes na construción de narrativas, no desenvolvemento profesional das mulleres como xogadoras, comentaristas, formadoras, creadoras e programadoras, e a súa transcendencia social. Ao tempo, aborda e analiza os escenarios de violencia recorrentes neste contexto para procurar ferramentas comunicacionais e educativas coas que comezar a mudar o espazo de xogo.

Esta edición está financiada con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade) e da Xunta de Galicia a través da convocatoria 2017 de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas, da que é beneficiario o GEA.

A actividade está aberta ao público en xeral e ás persoas interesadas na contorna dos videoxogos, pero diríxese especialmente a profesionais e persoal investigador no ámbito das ciencias da comunicación, estudantes do Programa de Doutoramento en Comunicacion e Información Contemporáneas, e estudantes dos graos de Comunicación Audiovisual e Xornalismo.

A inscrición no seminario é de balde. Só tes que indicar os teus datos de contacto e escoller un itinerario entre as actividades que transcorren en paralelo.


Inscríbete!
Prazo de inscrición aberto até o 15-11-2019
Nome *
Your answer
Apelidos *
Your answer
email *
Your answer
DNI *
Your answer
Teléfono
Your answer
Escolle o teu itinerario
A terceira edición do CO(M)XÉNERO ofrece tres itinerarios posibles con obradoiros, proxeccións e debates que se desenvolven en paralelo. As necesidades técnicas dos obradoiros obrigan a restrinxir o número de prazas de cada un deles a 25, así que se tes interese nalgún, inscríbete canto antes. Olla na imaxe superior as opcións posibles e indícanos os que escollerías como primeira, segunda e terceira opción. As prazas dispoñibles adxudicaránse por estrita orde de inscrición. En canto recibamos as túas preferencias, porémonos en contacto contigo para confirmar a reserva.
Indica a túa preferencia *
Opción 1
Opción 2
Opción 3
Itinerario 1
Itinerario 2
Interario 3
Recoñecemento para estudantes de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporáneas
A participación no seminario pode ser recoñecida como actividade formativa para o estudantado do Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporáneas. Esixe acreditación da asistencia á totalidade das actividades recollidas nun dos itinerarios.

Solicita máis información en comxenero@estudosaudiovisuais.gal
Datos persoais
Os teus datos pasarán a un arquivo propiedade do Grupo de Estudos Audiovisuais e non serán utilizados con ningún outro fin que o de poñerte ao tanto das novidades do seminario. En calquera momento poderás solicitar a eliminación dos teus rexistros da citada base.
Autorizas o almecenamento dos teus datos para este fin? *
Required
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service