Estás cubrindo o formulario de inscrición para os cursos a impartir en Vigo, en diferentes localizacións das que vos iremos confirmando. Imos impartir varios obradoiros que teñen como obxectivo a formación para a difusión e promoción do cooperativismo. A participación nestas actividades é gratuíta. Para poder participar, por favor, completa os datos deste formulario.
Moitas grazas pola túa colaboración.
Convoca e imparte: Unión de Cooperativas Espazocoop. Colaboran: Universidade de Vigo | ECOBAS -Consellería de Economía, Emprego e Industria - Xunta de Galicia - F.S.E..
Lugares das actividades: Os obradoiros desenvolveranse en diferentes entidades adheridas á Rede Eusumo e vos informaremos con antelación do lugar de realización. Entidades colaboradoras Universidade de Vigo, Sala 445 da Facultade de Económicas e Administración de Empresas, Campus Universitario As Lagoas - Marcosende, VigoCIRAGAL Hernán Cortes 15-Entlo., of 3. 36203, Vigo [Pontevedra]
“Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social”.
De conformidade coa Lei 3/2018 (LOPD) informamos que os datos de carácter persoal contidos neste formulario serán tratados coa única finalidade de establecer un sistema de rexistro e custodia dos datos de cada participante dos proxectos cofinanciados polo Fondo Social Europeo aos que pertence esta actuación. A base xurídica deste tratamento é o consentimento expreso e inequívoco, polo que coa súa sinaturada o seu consentimento claro. Os seus datos serán cedidos á Confederación Empresarial Española de Economía Social (CEPES) a Comisión Europea, así como a Unidade Administradora do Fse coa finalidade de estblecer un sistema de rexistro e custodia, necesarios para un seguimento, avaliación, verificación e auditoria destas acción. Os seus datos conservaranse mentres dure o servizo e período de xustificación do programa. Poderá opoñerse en calquera momento a estes tratamentos, así como exercitar os dereitos de acceso, rectificación e cancelación dirixíndose, por escrito, xuntando unha fotocopia do seu DNI a ESPAZOCOOP, rúa do Hórreo, 104, baixo esquerda, CP15701, Santiago de Compostela. Ou CEPES C/ Virgen de los Peligros, 3, CP 28013 MadridOs seus datos serán cedidos á Consellería de Economía, Emprego e Industria coa finalidade de xustificación das subvencións obtidas para a realización desta actividade e poderán ser cedidos ao Ministerio de Empleo, Migraciones y Seguridad Social ou aos organismos competentes da Unión Europea coa finalidade de xustificación de fondos transferidos, se é o caso.