#LAIC - #Migratón da Fundación porCausa
O #LAIC de Coruña Dixital ofrece unha sesión formativa e moi práctica da man da Fundación porCausa, conformada por importantes profesionais da comunicación.

A actividade está dirixida a calquera persoa con interese en combater os discursos negativos e de odio vinculados ao fenómeno das migracións e, dun modo especial, para a xente do xornalismo, da comunicación e para quen estea involucrada profesionalmente ou como activista en temas de migración.

Baixo o nome de #Migratón, esta proposta pretende dotar de ferramentas ás participantes coas que darlle a volta ao relato negativo, traballando desde a creatividade e xerando novos marcos narrativos. Isto farase abordando cos participantes a naturalización, a visión de futuro e a riqueza cultural das migracións, incorporando ao traballo que se desenvolva na sesión a perspectiva local.
Email address *
Nome e apelidos *
Your answer
Código postal *
Your answer
Cal é o teu ámbito actual de traballo ou de estudo? *
Your answer
Pertences a algunha organización ou colectivo?
Your answer
A copy of your responses will be emailed to the address you provided.
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
reCAPTCHA
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy