SENTÍMOLO, INSCRICIÓNS COMPLETAS para a VI RUTA DOS LOBOS
Este é o formulario de inscrición para a VI RUTA DOS LOBOS.

MOI IMPORTANTE: cubra o formulario sen o xustificante de pago, posteriormente enviaranlle un email no que unha vez feito o ingreso poderá MODIFICAR e introducir unha foto/documento na que apareza o xustificante de pago, nese momento será EFECTIVA a súa INSCRICIÓN.

No "CONCEPTO" ó realizar o ingreso non se olvide de poñer o mesmo nome co que se realizou a inscrición, senon constará como non pagado.

O número de conta é o seguinte de ABANCA: ES63 2080 0118 4330 0011 3436 (Asociación Deportiva Fonsagrada Balompé).
----------------------------------------------------------------------------------
Este es el formulario de inscripción para la VI RUTA DOS LOBOS.

MUY IMPORTANTE: cubra el formulario sin el justificante de pago, posteriormente le enviarán un email en el que una vez realizado el ingreso podrá MODIFICAR e introducir así una foto/documento en la que aparezca el justificante de pago, en ese momento será EFECTIVA su INSCRIPCIÓN.

En el "CONCEPTO" al realizar el ingreso se tendrá que poner el mismo nombre con el que se ha realizado esta inscripción, sino constará como no pagado.

El número de cuenta es el siguiente de ABANCA: ES63 2080 0118 4330 0011 3436 (Asociación deportiva Fonsagrada Balompé).

Email address *
Xustificante de pago /Justificante de pago
INTRODÚCESE (logo de realizar o pago) no email que se envía ó rematar este formulario en EDITAR RESPOSTA. No "concepto" ó realizar o ingreso terá que poñer o nome co que se realizou a inscripción, senón non será efectivo o pago. O número de conta é o seguinte de ABANCA: ES63 2080 0118 4330 0011 3436 (Asociación deportiva Fonsagrada Balompél). ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ SE INTRODUCE (una vez realizado el pago) en el email que se envía al finalizar este formulario en EDITAR RESPUESTA. En el "CONCEPTO" al realizar el ingreso se tendrá que poner el mismo nombre con el que se ha realizado esta inscripción, sino constará como no pagado. El número de cuenta es el siguiente de ABANCA: ES63 2080 0118 4330 0011 3436 (Asociación deportiva Fonsagrada Balompé).
Prezos VI Ruta dos Lobos:
¿Acepta o Regulamento da VI Ruta dos Lobos? *
Regulamento da Ruta: 1. AD Fonsagrada Balompé organiza, coa colaboración do concello de A Fonsagrada a “VI Ruta dos Lobos”. Este evento deportivo terá a consideración de marcha cicloturista en BTT (bicicleta todo terreo) non competitiva e terá lugar o día 6 de Abril de 2019. 2. A organización facilitará o rutómetro a través da páxina Wikiloc.3. O percorrido estará debidamente sinalizado e a organización dispoñerá de vehículos para a apertura e o peche da marcha.A organización poderá modifícalo sempre e cando considere, debido a motivos de seguridade.4. A participación na proba está suxeita a unha capacitación técnica e física por parte do/a ciclista que asumirá baixo a súa responsabilidade.5. A participación está aberta a todo tipo de afeccionado/a que posúa ou non a licenza federativa. Limitarase a participación a un número máximo de 400 persoas, por rigorosa orde de inscrición.6. A participación na proba está restrinxida a aquelas persoas que padezan algunha enfermidade que puidese poñer en risco a súa integridade física ou a dos demais participantes.7. A organización resérvase o dereito de admisión.8. Está totalmente prohibido incorporarse á proba sen estar previamente inscrito/a. A organización en ningún caso se fará responsable das persoas que realicen a marcha sen inscrición.9. É obrigatorio o uso de casco protector homologado durante toda a proba. Todas as persoas participantes deberán levar ferramentas, recambios adecuados e roupa de ciclista acorde coas condicións meteorolóxicas. Recoméndaselles levar consigo o teléfono móbil.10. Todas as persoas participantes obedecerán as indicacións da organización, respectando o itinerario marcado, sendo o/a corredor/a o único responsable dos seus erros.11. A organización non se responsabiliza dos accidentes ou danos que se puidesen derivar da omisión do código de circulación por parte dos corredores.12. O itinerario estará aberto permanentemente ao tráfico rodado, peonil e á libre circulación de animais e vehículos agrarios. Por tanto, cada participante respectará as normas de circulación e será responsable das imprudencias e infraccións que cometa.13. A persoa participante é a única responsable do seu propio comportamento e condución, asumindo os riscos, ata fronte a terceiros, que poidan supoñer o feito de participar neste evento, tanto a nivel de esforzo físico e psíquico, como de caídas ou doutro tipo de lesións. O ente organizador, colaboradores e calquera patrocinador estarán liberados ante calquera tipo de accidente, incidente, lesión ou eventualidade que puidese xurdir derivado da participación na proba.14. A organización non será solidaria cos gastos ou débedas que puidesen ocasionar os participantes antes, durante ou logo da proba, nin dos extravíos ou avarías que puidesen sufrir as bicicletas ou outros equipamentos das persoas participantes.15. Os/as corredores/as serán respectuosos en todo momento co medio ambiente, en especial co uso dos camiños, ríos e contornos polos que circula o percorrido. Prohíbese tirar calquera tipo de lixo fóra dos lugares habilitados para iso. A detección de neglixencias a este respecto implicará a descualificación automática da proba.16. En caso de accidente, as/os corredores/as e os/as acompañantes asumirán de xeito individual a súa responsabilidade desde todos os puntos de vista (económica, civil e penal).17. Cada participante deberá acatar as normas e indicacións da organización, en especial, no desenvolvemento e control da proba (controis, saída, chegada, etc.).18. A organización resérvase o dereito de resolver aquelas situacións excepcionais que se poidan derivar da interpretación e aplicación do presente do regulamento.19. Todo/a corredor/a que abandone a proba ou modifique a ruta previamente elixida, deberallo comunicar ao persoal de organización dos postos de control canto antes.20. A organización dispoñerá de servizos de enlaces, ambulancia, servizo médico, duchas e asistencia mecánica.21. A organización poderá obrigar a calquera corredor/a que non se atope nas condicións físicas adecuadas, ou non cumpra cos prazos máximos de paso establecido nos diferentes puntos de control, a retirarse da proba. Neste caso, a organización habilitará percorridos alternativos para axilizar o retorno dos/as usuarios/as ao punto de saída.22. A organización habilitará puntos de avituallamento líquido e sólido convenientemente sinalizados, así como duchas e sistemas de lavado de bicicletas no Campo da Feira de Fonsagrada.23. A descualificación dos/as participantes por parte da organización afectará ás persoas que non respecten as normas de circulación, non dispoñan do dorsal, non estean inscritas na proba, non leven o casco protector regulamentario, non se comporten dun xeito correcto, ético e moral ou non obedezan as indicacións dos axentes de seguridade, persoal da organización ou protección civil. Igualmente serán descualificados/as aqueles/as que eviten os pasos de control mediante atallos no percorrido ou non utilicen os equipamentos e instalacións habilitados para a proba de xeito correcto.24. Dereito á imaxe. A aceptación do presente regulamento implica obrigatoriamente que o/a participante autoriza os organizadores da marcha á gravación total ou parcial da súa participación nesta, e está de acordo con que poida utilizar a súa imaxe para a promoción e difusión desta en todas as súas formas (radio, prensa, vídeo, foto, DVD, internet, carteis, medios de comunicación etc.). Así mesmo, cede todos os dereitos relativos á súa explotación comercial e publicitaria que consideren oportuno executar, sen dereito, pola súa banda, a recibir compensación económica ningunha. 25. A organización poderá neutralizar a marcha se o considera preciso en calquera momento, si unha causa de forza maior o requerira.26. A ruta estará amparada polos permisos solicitados ante o Concello de A Fonsagrada e polo servizo de montes cos respectivos seguros de RC e de accidentes.27. O mero feito de se inscribir neste evento implica a aceptación do presente regulamento. O seu descoñecemento non exime a persoa participante do seu cumprimento.
Next
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. - Terms of Service