Coa intención de coñecer o grao de satisfacción dos usuarios con respecto ao cumprimento dos requisitos por parte do IES Universidade Laboral, poñemos á súa disposición o seguinte formulario dirixido ao alumnado, pais/nais/titores legais ou persoas que non formen parte da comunidade educativa (futuro alumnado, ...):
- SUXESTIÓN: idea que se lle aporta á Dirección do IES con ánimo construtivo para a súa mellora.
- QUEIXA: mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a Dirección do IES non ten contraídos compromisos debidos ao SXC (Sistema de Xestión da Calidade) ou legais.
- FELICITACIÓN: manifestación de satisfacción pola calidade do servizo prestado.
As RECLAMACIÓNS (referentes a cualificacións, validacións, etc...) xestionaranse en secretaría segundo a normativa vixente, polo que non se poden cursar a través deste formulario.
As consultas e solicitudes de información académica deben cursarse mediante o correo electrónico
info@ulaboral.eu.