FORMULARIO DE CONTRATACIÓN DE ESPAZOS E STANDS NA CULTURGAL 2019
INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DUN STAND EN CULTURGAL 2019

1. Antes de nada contarche que este ano o noso lema é "DALLE UNHA VOLTA A CULTURGAL" e nos empezamos dándolle un deseño completamente novo á feira, Por favor consulta os novos modelos de espazos en aluguer no noso DOSSIER DE TIPOLOXÍAS, estamos seguros que te sorprenderán.

2. Le na nosa web www.cultur.gal o manual do expositor para ter a información das condicións e novidades desta edición

3. Decide cómo queres que sexa o teu espazo en Culturgal, decide cruzando a información dos formatos e das ubicacións

4. Unha vez teñas decidida a túa ubicación no plano vai ao listado e consulta o formato no que podes escoller o espazo seleccionado, lembra que os formatos os podes atopar no PDF "FORMATOS" colgados na nosa web no banner STANDS.

5. Cumprimenta este formulario indicando no casilleiro correspondente o número de stand/stands seleccionados. Como sabes a adxudicación será por orde de solicitude; agradecemos nos indiquedes 3 opcións por orde de preferencia para poder resolver en caso de que un mesmo espazo sexa solicitado en tempos similares por varios de vós. No formulario has de indicar tamén o formato que desexas en cada unha das ubicacións escollidas.

6. Unha vez rematado o formulario e enviado recibirás unha copia do mesmo de maneira automática desde Google Forms.

4. NUN PRAZO APROXIMADO DE 10 DÍAS porémonos en contacto contigo; recibirás un mail confirmando a túa selección e coas indicacións oportunas para continuar o proceso de reserva. Se tes calquera dúbida podes contactar con nós no mail stands@culturgal.com

Email address *
Next
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service