CO(M)XÉNERO | Seminario permanente de Comunicación e Xénero
Grupo de Estudos Audiovisuais | USC
12 de Novembro | 16.00 h | Facultade de CC. da Comunicación (USC)

A persistencia do discurso androcéntrico nos contidos, a liña editorial e as estruturas organizacionais dos medios de comunicación actuais reflicte e perpetúa unha sociedade asimétrica e disfuncional que silencia e incapacita os posicionamentos diverxentes.
Pór fin a esta dinámica invalidante pasa pola necesaria construción de audiencias e colectividades formadas no pensamento crítico, capaces de analizar, deconstruír e mesmo comezar a reverter as representacións e estruturas sexistas presentes nos medios.
A urxencia desa capacitación demanda a incorporación inmediata dos Estudos de Xénero aos plans educativos existentes en materia de comunicación. Neste contexto, o seminario CO(M)XÉNERO busca ser un foco permanente de discusión e formación sobre o papel dos medios na vertebración da sociedade, con especial atención á visibilización informativa e cinematográfica da(s) identidade(s) de xénero.

A inscrición no seminario é de balde. Só tes que indicar os teus datos de contacto.

Inscríbete!
Nome *
Your answer
Apelidos *
Your answer
email *
Your answer
DNI *
Your answer
Teléfono
Your answer
Datos persoais
Os teus datos pasarán a un arquivo propiedade do Grupo de Estudos Audiovisuais e non serán utilizados con ningún outro fin que o de poñerte ao tanto das novidades do seminario. En calquera momento poderás solicitar a eliminación dos teus rexistros da citada base.
Autorizas o almecenamento dos teus datos para este fin? *
Required
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service