O TEU DISCURSO É A TÚA MARCA: ATRÉVETE A COMUNICAR CON IMPACTO
QUE É?
Un obradoiro práctico destinado a profesionais que queren aprender a comunicar con impacto para mellorar a súa capacidade de presentación ante empresas e clientela.
PARA QUEN?
Para empresas que teñan a súa sede social ou un centro de actividade no Concello de Ames. Terán preferencia as empresas participantes en calquera das edicións dos premios Lingua e Empresa
QUEN O IMPARTE?
Fátima Rodríguez – Experta en recursos humanos e consultora de estratexia
CANDO E ONDE?
O martes, 18 de novembro de 2025, das 19.00 h ás 21.00 no ESPAZO A PROA do Milladoiro (Rúa das Hedras, 2)